Porto seco de Monforte de Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°32′33″N 7°29′42″O / 42.54250, -7.49500

O porto seco de Monforte de Lemos é unha plataforma loxística para a distribución de mercadorías situada no concello de Monforte de Lemos, na provincia de Lugo.

Situación e accesos[editar | editar a fonte]

Atópase ao nordés da vila de Monforte de Lemos, xunto á liña ferroviaria León-A Coruña, uns metros ao norte da estación de Monforte de Lemos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Foi inaugurado o 28 de febreiro de 2014 polo presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo e o alcalde de Monforte Severino Rodríguez Díaz, despois de trece anos de obras e con seis de atraso sobre os prazos inicialmente previstos.[1] Conta cunha superficie de 146.000 metros cadrados urbanizados nesta primeira fase.

Anos despois da súa inauguración aínda non se instalou ningunha empresa no porto seco.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Monforte xa ten porto seco, seis anos despois do previsto". La Voz de Galicia. 1 de marzo de 2014. Consultado o 10 de maio de 2020. 
  2. "O porto seco non arranca e Bóveda proxecta ampliar o seu polígono". La Voz de Galicia. 16 de febreiro de 2019. Consultado o 10 de maio de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]