Portal:Música rock/Artigo destacado/marzo 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brett Gurewitz, fundador de Epitaph Records.

Epitaph Records é un selo discográfico independente con sede en Hollywood, California. O seu fundador e presidente é o guitarrista de Bad Religion Brett Gurewitz, que creou a etiqueta en 1980 para vender os primeiros traballos da súa banda. Durante os anos 80 e 90 a meirande parte dos grupos de Epitaph eran de punk rock e pop punk, aínda que tamén tiña moitas bandas de post-hardcore e emo no seu catálogo. Unha gran parte do selo, coñecida como Hellcat Records, pertence a Tim Armstrong, líder da banda Rancid.