Portal:Hóckey a patíns/Sobre o hóckey a patíns/setembro 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Club Patí Vic, é un equipo de hóckey a patíns da cidade de Vic (Cataluña) fundado en 1951 e que actualmente compite na máxima categoría do hóckey a patíns español, a OK Liga. Conta con varios títulos tanto a nivel estatal como internacional, cun total de tres Copas do Rei, dúas Supercopas de España e unha Copa CERS, así como dous subcampionatos da Copa de Europa e outros dous na liga. Os maiores anos do club foron o 2009 e o 2010, cando conseguiu os dobletes de Copa e Supercopa e os dous subcampionatos da Copa de Europa.

As cores do equipo son a vermella e a branca. Xoga os seus partidos como local no Pavelló Olímpic de Vic, un pavillón con capacidade para 3.500 espectadores, e o seu presidente é Miquel Altimiras e actualmente é dirixido polo catalán Ferran Pujalte. Mantén unha forte rivalidade co outro grande do hóckey a patíns da comarca de Osona, o CP Voltregà.