Portal:Diversidade sexual/Artigo destacado/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todos os artigos destacados no portal Diversidade sexual:

1[editar a fonte]

A coñecida como rebelión de Stonewall consistiu nunha serie de manifestacións espontáneas e violentas contra unha redada policial que tivo lugar na madrugada do 28 de xuño de 1969, no pub coñecido como o Stonewall Inn do barrio neoiorquino de Greenwich Village. Fálase decote destes disturbios como da primeira ocasión na historia de Estados Unidos en que a que a comunidade LGTB loitou contra un sistema que perseguía os homosexuais co visto e prace do goberno, e son xeralmente recoñecidos como o catalizador do movemento moderno a prol dos dereitos LGTB nos Estados Unidos e en todo o mundo.

Había poucos estabelecementos que acollesen persoas abertamente homosexuais durante as décadas de 1950 e 1960. Os que si o facían eran xeralmente bares, aínda que os seus propietarios e administradores raramente eran gais. O Stonewall Inn, naquela época, era propiedade da mafia. Contaba cunha gran variedade de clientes, e era coñecido por ser popular entre as persoas máis marxinadas da comunidade gai: transexuais, drag queens, novos efeminados, prostitutos masculinos e mozos sen teito. As redadas policiais nos bares gais eran algo rutineiro durante a década dos 60, pero os axentes de policía perderon repentinamente o control da situación no Stonewall Inn e atraeron o xentío, provocando que se rebelasen. A tensión entre a policía de Nova York e os residentes gais de Greenwich Village produciu máis protestas a seguinte tarde, e sucesivamente varias noites despois. En cuestión de semanas, os residentes do Village organizáronse rapidamente en grupos de activistas para concentrar esforzos en prol de establecer lugares para que os gais e lesbianas puidesen manifestar abertamente a súa orientación sexual sen medo a ser arrestados.

Tras os disturbios de Stonewall, a comunidade homosexual de Nova York fixo fronte a obstáculos de índole xeracional, de clase e de xénero para formar unha comunidade cohesionada. O 28 de xuño de 1970 tiveron lugar as primeiras marchas do Orgullo Gai nas cidades de Nova York e Os Ánxeles, conmemorando o aniversario dos disturbios. Co tempo, outras cidades foron organizando marchas similares. Hoxe día celébranse actos do Orgullo Gai anualmente por todo o mundo cara a finais de xuño, para lembrar os disturbios de Stonewall.


2[editar a fonte]

Portal:Diversidade sexual/Artigo destacado/2

3[editar a fonte]

Portal:Diversidade sexual/Artigo destacado/3

4[editar a fonte]

Portal:Diversidade sexual/Artigo destacado/4

5[editar a fonte]

Portal:Diversidade sexual/Artigo destacado/5

6[editar a fonte]

Portal:Diversidade sexual/Artigo destacado/6

7[editar a fonte]

Portal:Diversidade sexual/Artigo destacado/7

8[editar a fonte]

Portal:Diversidade sexual/Artigo destacado/8

9[editar a fonte]

Portal:Diversidade sexual/Artigo destacado/9

10[editar a fonte]

Portal:Diversidade sexual/Artigo destacado/10