Ponte do Rei Fahd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Viaduto de Reguenga.jpg

Ponte do Rei Fahd

Ponte visto dende o espazo.
Tipo Pontes e estradas
Nome oficial جسر الملك فهد (Jisr al-Malik Fahd)
Outros nomes Ponte de Bahrain
Lugar Golfo de Bahrain
Localización Arabia Saudita
Bahrain
Lonxitude 25 km
Ancho 23 m
Construción 1986
Peaxe 20 SAR (Turismos)
30 SAR (Camións lixeiros e Autobuses pequenos)

50 SAR (Autobuses grandes)

3 SAR por tonelada (Camións)
Sitio web www.kfca.com.sa

A Ponte do Rei Fahd (en árabe: جسر الملك فهد) está formada por un conxunto de pontes e estradas sobre o golfo Pérsico, cunha lonxitude de cerca de 25 quilómetros, ligando Khobar, na Arabia Saudita, co arquipélago de Bahrain.

Historia[editar | editar a fonte]

O 8 de xullo de 1981 foi asinado o acordo para o inicio da construción destas pontes entre Bahrain e Arabia Saudita.

O seu custo foi de 1.200 millóns de dólares, que foron financiados polo estado de Arabia Saudita.

Construción[editar | editar a fonte]

Os traballos iniciáronse o 11 de novembro de 1982 coa presenza do rei Fahad da Arabia Saudita e do xeque Isa bin Salman al-Khalifa do Bahrain.

Desta estrutura fan parte cinco pontes, chamadas Ponte I, Ponte II, Ponte III, Ponte IV e Ponte V, de 5194 m, 3334 m, 2034 m, 934 m e 934 m respectivamente e varias estradas de, na súa totalidade, 12430 metros.

Na construción, que durou catro anos, foron usados 350.000 m³ de formigón e 147.000 toneladas de aceiro reforzado.

A estrada, cun ancho de 23 metros e con catro vías foi inaugurada o 25 de novembro de 1986.

Transito[editar | editar a fonte]

En 2001 o tráfico da estrada foi de 2,7 millóns de vehículos, transportando un total de máis de 10 millóns de pasaxeiros.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]