Pobo chipewyan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os chipewyan, chippewyan ou Dene Suline son un pobo na-dené, do grupo atapascano, tamén chamados chpewya. Este nome provén do cree Chepau-wayanuk ("peles afiadas"), mais eles chamábanse a si mesmos Saw-cssaw-dineh, homes do levante. Dividíanse en numerosas tribos, como os thilanottine, os ethelnedi, os athabasca e os desdekenade.

Vivían entre as Montañas Rochosas e a Baía de Hudson, canda as marxes do Gran Lago do Escravo, o lago Athabasca e o río Churchill, no delta do río Mackenzie. Actualmente ocupan cinco reservas en Alberta, seis en Saskatchewan, dúas en Manitoba e dúas nos Territorios do Noroeste, todo iso no Canadá.

Demografía[editar | editar a fonte]

No 1900 eran probablemente uns dous mil quiñentos, segundo a Enciclopedia Británica eran 4.400 en 1980, xuntos cos slave e os yellowknife. Mais segundo o censo canadense do 2000 eran 13.056 persoas así repartidas:

  • En Alberta, 2.016 individuos nas reservas Fort Chippewyan (779 habitantes), Fort McKay (592 habitantes), Janvier (645 habitantes) e outros cos cree nas de Fort McMurray (590 habitantes) e Cold Lake (2.180 habitantes).
  • En Manitoba, 2.463 persoas nas reservas de Barren Lands (895 habitantes), Churchill ou Sayisi (672 habitantes) e Northlands (896 habitantes).
  • En Saskatchewan, 7.508 individuos nas de Buffalo River (1.088 habitantes), English River (1.269 habitantes), Font du Lac (1.574 habitantes), Lac la Hache (1.310 habitantes), Stoney Rapids (1.678 habitantes), Turnor Lake (589 habitantes).
  • Nos Territorios do Noroeste, 1.069 habitantes nas de Deninu K'ue First Nation (774 habitantes) e Smiths Landing (295 habitantes).

Costumes[editar | editar a fonte]

Eran veciños dos sarsi e dos cree, e eran os intermediarios comerciais entre os cree e os inuit. Adicábanse á caza e á pesca, aínda que eran tamén belicosos. Valoraban ás mulleres como forza de traballo, e vivían en wigwams de pel de caribú ou ante, cortiza e arbustos. Eran bastante organizados con respecto á caza, vixiando as manadas de caribús dende moitas partes.

Aproveitaban todo do caribú, curtían a pel, curaban a afumaban a carne, e con coas peles facían vestidos.

Historia[editar | editar a fonte]

No 1717, os ingleses xa construíron o posto comercial de Fort Churchill na baía de Hudson. En 1760-1776 foron visitados por Samuel Hearne, de Fort Churchill, e o seu caudillo, Makonabee, axudoulles a explorar os ríos Coppermine e Slave. En 1789-1793, tamén serviron como guías a Alexander Mackenzie, da Compañía do Noroeste. E no 1788 construíron no seu territorio Fort Chippewyan. Dende 1781 empezaron a chegar ao territorio franceses, que lles vendian armas aos cree. Isto, e a varíola, fixo reducila prosperidade dos chipewyan. No 1858, o relixioso católico de Fort Resolution, Henry Faraud, traduceu o Novo Testamento á súa lingua. Asinaron co Canadá diversos tratados en 1876, 1877, 1899 e 1906. Xunto cos dogrib, os cree e os salteaux (chippewa) forman a Confederación de Primeiras Nacións dos Tratado Seis, pois firmaron en 1871-1877 o sexto tratado coa Colonia do Canadá, segundo o cal se instalaban reservas de 1,5 km2 por familia de cinco membros, tiñan dereitos de caza e pesca, e garantíaselles atencións médicas e pensións. A Constitución de 1982 obviou o tratado cos indios, o que provocou numerosas protestas. Tamén existe un alto índice de desemprego. O personaxe chippewyan máis destacado foi Alex Simeon Janvier.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cook, Eung-Do. (2004). A grammar of Dëne Sųłiné (Chipewyan). Algonquian and Iroquoian Linguistics - Special Athabaskan Number, Memoir 17. Winnipeg: Algonquian and Iroquoian Linguistics. ISBN 0-9210-6417-9.
  • Li, Fang-Kuei. (1946). Chipewyan. In C. Osgood & H. Hoijer (Eds.), Linguistic structures of native America (pp. 398-423). New York: The Viking Fund.
  • Osgood, Cornelius; & Hoijer, Harry (Eds.). (1946). Linguistic structures of native America. Viking fund publications in anthropology (No. 6). New York: The Viking Fund. (Reprinted 1963, 1965, 1967, & 1971, New York: Johnson Reprint Corp.).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]