Plan Delta
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oosterscheldekering, o máis longo dos trece diques do Plan Delta.
Durante a Inundación do mar do Norte de 1953, a brecha nun dique dos Países Baixos causou a morte a 1.835 persoas, forzando a evacuación doutras 70.000, sendo destruídas 4.500 edificacións. Para evitar que unha catástrofe así se repetise, un ambicioso proxecto foi posto en obra: o Plan Delta (en neerlandés : Deltawerken) que reuniu as desembocaduras do Rin e o Mosa.
A obra máis destacada do complexo é a Oosterscheldekering. Está considerada unha das sete marabillas do mundo moderno segundo a American Society of Civil Engineers.
Construcións [editar]
Os traballos ligados ao plan delta foron desenvolvidos nun período de 30 anos e comprenden:
- Stormvloedkering Hollandse IJssel (1958)
- Zandkreekdam (1960)
- Veerse Gatdam (1961)
- Grevelingendam (1965)
- Volkerakdam (1969)
- Haringvlietdam (1971)
- Brouwersdam (1971)
- Markiezaatskade (1983)
- Oosterscheldekering (1986)
- Oesterdam (1987)
- Philipsdam (1987)
- Bathse spuisluis (1987)
- Maeslantkering (1997)