Pirámide de Cestio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gravado da pirámide de Cestio por Giovanni Battista Piranesi.
A pirámide de Cestio foi incluída na muralla de Aureliano; pode verse na foto a porta de San Paulo de Roma á dereita

A Pirámide de Cestio (en italiano : Piramide di Caio Cestio ou Piramide Cestia) é un monumento funerario da Antigüidade, situado perto da porta de San Paulo en Roma. Leva o nome de quen se fixo inhumar nela: Caïus Cestius.

Historia[editar | editar a fonte]

Na Idade Media, esta pirámide pasaba por ser a tomba de Remo, irmán de Rómulo, o fundador mítico da cidade de Roma.

Foi construída en realidade no ano 12 a.C.. Mide 36,4 metros de alto, cunha base de 29,5 metros de longo. No interior desta montaña de pedra hai unha única cámara sepulcral, de 5,95 x 4,10 e con 4,80 metros de altura, que represnta algo máis do 1% do volume completo do monumento.

O estilo exipcio da pirámide marca directamente a influencia da presenza recente (30 a.C.) do poder imperial romano sobre as terras dos faraóns. A cámara sepulcral conserva aínda trazas de pintura.

No século III, a pirámide de Cestio foi inclusa na muralla de Aureliano.

Inscricións[editar | editar a fonte]

Atópanse sobre a entrada da cámara sepulcral dúas inscricións :

  • C. Cestius L.F. Pob. Epulo pr. tr.pl. VII vir epulonum
  • Opus apsolutum ex testamento diebus CCCXXX arbitratu L. Ponti P.F. Cla. Melae heredis et Pothi L.

O que significa :

  • Caius Cestius Epulo, fillo de Lucius, da tribo Publilia, pretor, tribuno do pobo, e membro do colexio dos septemviri epulones (foi encargado de vixilar os grandes festíns sagrados).
  • menciona que o monumento foi erguido en 330 días sob a supervisión de L. Pontius Méla, fillo de Publius, e do liberto Pothus.

Ligazóns internas[editar | editar a fonte]

Fonte[editar | editar a fonte]

  • Nouveau Larousse Illustré; Dictionnaire Universel encyclopédique, publicado baixo a dirección de Claude Augé, 2º tomo (de Belloc a Ch), 1900.