Pilar Pedrosa
(Redirección desde «Pilar Pedrosa González de Castejón»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1948 (75 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Antonio Pedrosa Latas |
Pilar Pedrosa González de Castejón, nada en Madrid o 18 de novembro de 1948, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de Antonio Pedrosa Latas. Foi secretaria de dirección e traballou no PPO en Madrid e en Mutualidades Laborales. Foi vogal da Asociación de veciños San Lázaro de Ourense, secretaria de acción territorial do distrito centro e secretaria da xunta local do PPdeG. Nas eleccións autonómicas de 1989 foi elixida deputada polo PPdeG. Volveu ser elixida deputada nas autonómicas de 1993.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. pp. 236–237. ISBN 84-85311-96-5.