Perfecto Porto Fraiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPerfecto Porto Fraiz
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1887 Editar o valor em Wikidata
Parada, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de decembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosXosé Porto Matalobos Editar o valor em Wikidata


Perfecto Porto Fraiz, nado nos Muros (Parada, A Estrada) o 1 de setembro de 1887 e finado na Estrada o 1 de decembro de 1968,[1] foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aprendeu o oficio de canteiro, que exerceu en varios concellos de Galicia. Tamén foi alumno da Escola de Artes e Oficios de Ferrol. En 1912 emigrou a Cuba e ingresou no Centro Galego da Habana onde continuou a súa formación artística. Foi membro da directiva da sociedade estudantil Concepción Arenal e da sociedade de instrución Hijos de Tabeirós. En 1921 regresa a Galicia. Participou na Irmandade da Fala da Estrada e en 1929 intégrase no Centro Republicano Estradense e ingresa na ORGA. Foi membro da primeira xestora republicana do concello da Estrada que presidiu Juan Manuel Rodríguez Seijo. En xaneiro de 1933 foi elixido vicepresidente do Comité da Estrada do Partido Republicano Gallego, aínda que en maio dese ano o Centro Republicano Estradense acordou ingresar en Acción Republicana, que presidiu Perfecto Porto. Despois foi presidente de Izquierda Republicana da Estrada.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941, sendo sancionado economicamente e inhabilitado para o desempeño de cargos públicos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Matalobos Bergueiro e foi pai de José Porto Matalobos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 4-12-1968, p. 12.
  2. El Pueblo Gallego, 15-3-1935, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]