Percíctidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macquaria australasica

Os Percíctidos (Percichthyidae) son unha familia de peixes de auga doce, con algunhas especies de augas salobres ou mariñas, incluída na orde dos Perciformes. As especies desta familia distribúense fundamentalmente por Australia, Sudamérica e África, e nalgún caso por Asia e California.

Características[editar | editar a fonte]

Son peixes de corpo alargado e algo comprimido. Posúen unha aleta dorsal continua, con 1-2 espiñas e 8-38 radios brandos; unha anal con 3 espiñas e 7-20 radios brandos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Comprende 11 xéneros:

  • Xénero Bostockia
  • Xénero Coreoperca
  • Xénero Edelia
  • Xénero Gadopsis
  • Xénero Guyu
  • Xénero Maccullochella
  • Xénero Macquaria
  • Xénero Nannatherina
  • Xénero Nannoperca
  • Xénero Percichthys
  • Xénero Siniperca

Trátase dun grupo taxonomicamente pouco definido e a súa composición está sendo discutida.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Percíctidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Percíctidos