Penny Black

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selo
Penny black.jpg
Emisión
País Gran Bretaña
Valor facial 1 penique
Data de emisión 6 de maio 1840
Datos
Motivo Raíña Vitoria
Cor negra
Tamaño 19x23 mm
Deseño W. Wyons
Gravador Fredrick Heath
Técnica de gravado Talla doce
Dentado Sen dentar
Variedades ningunha
Tiraxe
Tiraxe 68.808.000

O Penny Black foi o primeiro selo postal da historia, emitido polo Reino Unido o 1 de maio de 1840 e válido para uso postal dende o 6 de maio por iniciativa de Rowland Hill logo da reforma do sistema postal británico destinado a facer pagar ao expedidor segundo o peso do envío, e non ao destinatario e segundo a distancia como ata entón.

O selo leva a efixie da raíña Vitoria, para o seu deseño convocouse un concurso no que participaron máis de 2000 deseños e para o que había un premio de 600 libras, non houbo un gañador, o deseño base foi un medallón de William Wynol realizado en 1837 para conmemorar a visita da raíña a Londres, foi pintado por Henry Corboull, gravado por Frederick e Charles Health e impreso por Perkins Bacon. Tivo unha primeira tiraxe de 60.000 exemplares, pero ata ser retirado da circulación, en 1841, emitíronse 68.000.000 de exemplares, dos que se calculan que sobreviven 1.500.000.

Cada selo amosa as coordenadas do lugar que ocupaba inicialmente na folla de impresión, esas coordenadas fórmanse con dúas letras, unha pola liña e outra pola columna: de AA a TL, que aparecen nos recantos dos selos e que permiten aos filatelistas reconstruír as follas completas dos primeiros selos británicos.