Península de Setúbal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LocalNUTS3PeninsulaDeSetubal.svg

A península de Setúbal é una subrexión estatística portuguesa, parte da Rexión de Lisboa (antiga Região de Lisboa e Vale do Tejo), e abrangue a metade norte do Distrito de Setúbal. Ao norte linda co esteiro do río Texo, atopándose ao outro lado do esteiro a Grande Lisboa e a Lezíria do Texo. Ao leste limita co Alentexo Central e co Alentexo Litoral ao sur, e tamén ao sur atópase propiamente o océano Atlántico.

En total ten unha superficie de 1.421 km² e unha poboación, en 2001, de 714.589 persoas.

A súa área esténdese por nove concellos diferentes: