Pedro Armas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pedro Ramón Armas Diéguez, nado en 1959 en São Paulo, é un xeógrafo, profesor universitario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia galega emigrada no Brasil que ao pouco regresou a Galicia, establecéndose na Coruña. Licenciouse en xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela e é profesor de humanidades na Universidade da Coruña e asemade é dende 2009 vicepresidente da Comisión Interuniversitaria de Galicia. Militou no PSdeG e foi director da Alta Inspección de Educación do Estado na Delegación do Goberno e delegado provincial de Educación (2005-2009). Dentro do partido foi vicesecretario da agrupación local socialista da Coruña [1] e membro da executiva do PSdeG dende 2013 [2] ata que deixou o partido, incorporándose ao pouco tempo a Podemos [3]. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura de Alternativa dos Veciños ao concello da Coruña.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La organización del espacio lucense, (1990). Lugo: Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. ISBN 84-86824-77-X

Notas[editar | editar a fonte]