Paul Chabanaud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaul Chabanaud

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1876 Editar o valor em Wikidata
Versalles, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte27 de febreiro de 1959 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Datos persoais
ResidenciaTours Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónherpetólogo , ictiólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaChabanaud Editar o valor em Wikidata
Arquivos en

Paul Chabanaud, nado en Versalles en 1876 e finado o 27 de febreiro de 1959, foi un zoólogo francés, especializado en ictioloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chabanaud estudou no liceo de Tours e acabou o bacharelato en Poitiers en 1897. Despois dedicouse ás ciencias naturais, estudando na Sorbona con Yves Delage e Gaston Bonnier. Doutorouse en 1936.

Levou a cabo varias expedicións en Áfica occidental e en Indochina, onde estudou os réptiles, os anfibios e os peixes. Dedicou a maior parte da súa carreira ao estudo da anatomía e a sistemática dos peixes planos (orde dos pleuronectiformes). Foi un dos primeiros en facer un inventario da fauna ictiolóxca de Indochina.

Desde 1925 até a data da súa morte, en 1959, escribiu numerosas obras (165 not, artigos e libros, mais 6 artigos publicados postumamente) sobre os peixes planos, describindo, redescribindo e nomeando 73 especies,[1] así como a familia dos escoftálmidos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]