George W. Bush

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «George Walker Bush»)
Infotaula de personaGeorge W. Bush

(2003) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) George Walker Bush Editar o valor em Wikidata
6 de xullo de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
New Haven, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
43º Presidente dos Estados Unidos de América
20 de xaneiro de 2001 – 20 de xaneiro de 2009
← William Jefferson ClintonBarack Obama →
34º Presidente electo dos Estados Unidos
12 de decembro de 2000 – 20 de xaneiro de 2001
← William Jefferson ClintonBarack Obama →
46º Governador do Texas (pt) Traducir
17 de xaneiro de 1995 – 21 de decembro de 2000
← Ann RichardsRick Perry → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDallas Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa metodista unida Editar o valor em Wikidata
EducaciónHarvard Business School (pt) Traducir - Mestrado en administración de negocios (1973–1975)
Yale College (en) Traducir - ciencia histórica (1964–1968)
Phillips Academy (1961–1964)
The Kinkaid School (en) Traducir (1959–1961)
Davenport College (en) Traducir
St. Anthony Catholic School (en) Traducir
Universidade Yale Editar o valor em Wikidata
Altura183 cm Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Austin
Washington, D.C. Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , oficial , estadista , empresario , xogador de rugby , autobiógrafo , pintor , orador motivacional , financeiro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Rama militarForza Aérea dos Estados Unidos de América e Guarda Nacional dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarfirst lieutenant (en) Traducir
primeiro tenente (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Forças Armadas dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra de Iraq, Guerra de Afganistán, Insurgência islâmica no Magrebe (pt) Traducir, Guerra na Somália (pt) Traducir, Conflito Moro (pt) Traducir e Guerra no Noroeste do Paquistão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
DeporteRugby Editar o valor em Wikidata
Participou en
2001commencement at the University of Notre Dame (en) Traducir
Desafio do Balde de Gelo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaFamília Bush (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeLaura Bush (1977–) Editar o valor em Wikidata
FillosBarbara Pierce Bush, Jenna Bush Hager Editar o valor em Wikidata
PaisGeorge Herbert Walker Bush Editar o valor em Wikidata  e Barbara Bush Editar o valor em Wikidata
IrmánsDorothy Bush Koch, Marvin P. Bush, Jeb Bush e Neil Bush Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webgeorgewbush.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0124133 Allocine: 102376 Rottentomatoes: celebrity/george_w_bush Allmovie: p301705
Facebook: georgewbush Twitter: GeogreWBush Instagram: georgewbush Musicbrainz: 06564917-bdd2-4fb6-bcdc-be9e0c04f7ac Discogs: 152980 WikiTree: Bush-4 Editar o valor em Wikidata

George Walker Bush, naceu en New Haven (Connecticut) o 6 de xullo de 1946.[1] É un político e empesario estadounidense que en 2001 se converteu no 43º presidente dos Estados Unidos.

O seu mandato estivo marcado pola guerra contra o terrorismo dende os atentados do 11 de setembro de 2001. Promoveu a invasión de Afganistán en busca do terrorista Osama bin Laden en outubro de 2001, e a invasión de Iraq para desarmar a Saddam Hussein. Presidente que levantou paixóns en gran parte do electorado conservador norteamericano e provocou manifestacións na súa contra tamén no resto do mundo, sobre todo en Europa a raíz da súa política exterior considerada hostil e mesmo criminal por parte da opinión pública europea, segundo reflicten diversas enquisas publicadas. Logo das eleccións de 2008 pasou a ser substituído por Barack Obama, quen asumiu o cargo o 20 de xaneiro do 2009.

Está casado con Laura Welch Bush e é pai de dúas xemelgas.

Vida antes da presidencia[editar | editar a fonte]

Familia[editar | editar a fonte]

George W. Bush naceu en 1946 en New Haven, Connecticut. É o primoxénito do presidente dos Estados Unidos George H. W. Bush e a súa muller Barbara Bush. Cando tiña dous anos, a súa familia mudouse a Texas, onde viviron dende entón.

Estudos e carreira militar[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade Yale e recibiu un título de Historia en 1968. En maio dese mesmo ano, e en plena Guerra de Vietnam, formou parte da Texas Air National Guard[2] (en galego, Garda Nacional Aérea de Texas). Tras dous anos de adestramento, foi asignado a Houston. En 1972, foi suspendido de voar por non ter realizado un exame físico programado.[3] Pasou á reserva da Forza Aérea con honores o 21 de novembro de 1974[4], seis meses antes do debido coa fin de estudar en Harvard.

Despois de graduarse en negocios, Bush volveu a Texas e casou con Laura Welch, coa que tivo dúas xemelgas en 1981. Isto convérteo no único presidente dos EEUU da historia con xemelgos.

Controversias respecto ó seu pasado[editar | editar a fonte]

O pasado de George Bush foi obxecto de críticas durante as campañas electorais de 2000 e 2004. Por un lado, houbo investigacións relativas ó seu pasado militar; por outro, consumiu durante a súa xuventude tanto alcol coma drogas -aínda que afirma ter pasado a unha vida sobria dende que cumpriu corenta anos.

A súa carreira política[editar | editar a fonte]

En 1978, Bush intentou ser candidato do Partido Demócrata dentro do distrito 19 de Texas, pero perdeu por unha estreita marxe de votos as primarias.

En 1994, sendo xa o seu pai presidente dos Estados Unidos, Bush gañou as eleccións para gobernador de Texas, ó tempo que o seu irmán se convertía en gobernador de Florida. Isto foi o primeiro paso na súa carreira á presidencia.

Vida como presidente dos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

Campaña electoral de 2000[editar | editar a fonte]

Foi no ano 2000 cando Bush decidiu que era o momento adecuado para converterse no candidato republicano á presidencia dos Estados Unidos. Aínda antes de presentarse, xa era o favorito en tódalas enquisas. Bush centrou a súa campaña na baixada de impostos, a posibilidade de selección de centros educativos por parte dos pais (de pago), a potenciación da extracción de petróleo en Alasca e a reforma das Forzas Armadas.

Bush perdeu as eleccións primarias en Nova Hampshire (contra John McCain, de Arizona), pero acabou gañando na maioría dos estados. Escolleu como home forte a Dick Cheney e iniciou unha intensa campaña.

O 7 de novembro do ano 2000, o día das eleccións, pensouse nun principio que os votos do estado de Florida irían para o Partido Demócrata co seu candidato Al Gore. Logo, as televisións anunciaron que ese estado correspondía a Bush. En último lugar, afirmaron que non había diferenza dabondo para confirmar a vitoria de ningún candidato. Iniciouse así unha importante polémica. Houbo queixas por parte dos dous partidos: as papeletas eran confusas, as máquinas de votar non funcionaban ben, os votos dos residentes no exterior daban problemas e moitos votantes non puideron exerce-lo seu dereito porque llo prohibiron de forma irregular.

Para intentar solucionar estes problemas, tódolos votos do estado de Florida se fixeron pasar por unha máquina de reconto, que deu como gañador a Bush. Pero aquí non rematou todo, porque varios condados onde a marxe era moi estreita tiveron que volver facer un reconto manual. O 9 de decembro a xustiza estadounidense paralizou este reconto e deu por válidos os resultados da máquina de reconto, co que Bush se converteu no gañador no Estado de Florida, e tamén no conxunto do país.

Primeira lexislatura[editar | editar a fonte]

A primeira lexislatura de George W. Bush como presidente dos Estados Unidos empezou o 20 de xaneiro de 2001 e rematou o mesmo día do ano 2005.

Os primeiros oito meses deste período transcorreron de forma normal. Bush tiña unha maioría exigua, polo que non puido levar a cabo moitas das leis que tiña planeadas, pero o seu apoio popular oscilaba entre o 50% e o 60%.

Porén, o 11 de setembro de 2001 tivo lugar un atentado contra as Torres Xemelgas e o Pentágono. Isto fixo dar un importante xiro á política exterior estadounidense. Ese mesmo día, o presidente declarou unha guerra contra o terrorismo; a súa taxa de aprobación ascendeu ata o 90%.

Os efectos desta política non se fixeron esperar. O 8 de outubro de 2001, Bush creou a Office of Homeland Security (Oficina da Seguridade Nacional). Unha das principais funcións deste organismo é fixa-lo nivel de alerta nos Estados Unidos (verde-azul-amarelo-laranxa-vermello).

Neste mesmo mes, Bush decidiu invadir Afganistán, país gobernado polo réxime talibán que, segundo el, daba refuxio a terroristas coma Osama bin Laden. Nesta operación, foi axudado pola meirande parte dos países occidentais e a OTAN. Como resultado desta operación militar, os talibáns foron depostos, pero Osama bin Laden non foi atopado. Bin Laden morreu o 2 de maio de 2011 nunha operación militar realizada por forzas especiais do exército dos Estados Unidos.

En 2002, Bush propuxo por primeira vez a idea do Eixe do Mal, un grupo de países que supuñan unha ameaza para a paz mundial, nos que se incluían Iraq, Corea do Norte e Irán. Pouco despois, a súa administración anunciou que os investigadores descubriran armas de destrución masiva en territorio iraquí. Saddam Husayn, presidente iraquí, foi descrito coma unha ameaza para o mundo mentres seguise mantendo o seu cargo.

En 2003, unha coalición formada por tropas dos Estados Unidos, o Reino Unido e un pequeno grupo de países (entre eles España e Polonia), invadiu Iraq dentro da Operación Liberdade Iraquí. Esta invasión supuxo un grave conflito internacional, dado que non había ningún tipo de resolución das Nacións Unidas que apoiase a existencia de armas de destrución masiva e, polo tanto, unha posible invasión.

O 2 de maio de 2003, Bush anunciou o fin da guerra propiamente dita en Iraq. Isto non era verdadeiramente certo: moitas das tropas da coalición seguían loitando (e seguen) dentro do país. As "armas de destrución masiva" que Bush situaba antes e durante a guerra en territorio iraquí aínda non foron atopadas.

A captura de Saddam Husayn o 13 de decembro de 2003 foi un dos poucos éxitos da intervención armada. Morreu enforcado o 30 de decembro do 2006 após ser xulgado pola morte de 148 xiítas na vila de Dujail en 1982.

Cos problemas derivados da guerra en Iraq, a aprobación pública de Bush era só do 46% en maio de 2003, e a reelección facíase complicada.

Campaña electoral de 2004[editar | editar a fonte]

Malia todo isto, na campaña de 2004 George Bush deu mostras de ser un político moi hábil. Na súa loita contra John Kerry, centrou a súa campaña en demostrar que el era capaz de loitar contra o terrorismo e defende-lo país.

O 2 de novembro de 2004 tiñan lugar as eleccións, pero non foi ata o día seguinte cando se souberon os resultados, xa que volveu a haber problemas nas votacións, esta vez en Ohio. John Kerry recoñeceu a súa derrota e non houbo tantas investigacións coma houbera en Florida en 2000.

Bush recibiu 286 votos (de 31 estados, fundamentalmente do centro e do sur) e Kerry 251 (dos outros 29 estados, os situados no nordés, no norte e no occidente americano).

Segunda lexislatura[editar | editar a fonte]

A segunda lexislatura de George Bush comezou o 20 de xaneiro de 2005 e rematou o mesmo día de 2009, cando Barack Obama xurou o seu cargo.

Os obxectivos que marcou para este período son:

  • A reforma do sistema fiscal.
  • A reforma da lexislación sobre os médicos.
  • A reforma da seguridade social.
  • A concesión da cidadanía ós inmigrantes ilegais que xa están no país.
  • Continua-la ocupación de Iraq.
  • Levar a cabo a guerra contra o terrorismo.
  • A mellora da educación pública.
  • Programas a favor da educación universitaria dos máis pobres.

A semiprivatización da Seguridade Social que pretendía Bush foi unha das materias máis candentes dentro do inicio da lexislatura, e a viaxe a Europa que realizou un importante xesto de reparación de relacións tralo conflito diplomático que supuxo a guerra de Iraq.

A guerra en Iraq seguiu a ser un asunto importante, que fixo que a valoración política de Bush dentro dos americanos -malia a morte de Abu Musab al-Zarqawi- se situase baixo mínimos.

O seu sucesor na candidatura do Partido Republicano á presidencia dos Estados Unidos foi John McCain, que perdeu as eleccións presidenciais do 2008 ante Barack Obama.


Predecesor:
William Jefferson Clinton
 
Presidente dos Estados Unidos de América
 
20012009
Sucesor:
Barack Hussein Obama

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ahles, Dick (24-12-2000). "Bush's Birthplace? It's Deep in the Heart of . . . New Haven". nytimes.com. Consultado o 21-08-2018. 
  2. Romano, Lois (03-02-2004). "Bush's Guard Service In Question". washingtonpost.com. Consultado o 20-08-2018. 
  3. Rutenberg, Jim (17-05-2004). "A Film to Polarize Along Party Lines". nytimes.com. Consultado o 20-08-2018. 
  4. Brit Hume, Mara Liasson, Jeff Birnbaum, Charles Krauthammer (9 de xullo de 2004). The All-Star Panel Discusses John Kerry's Shifting Positions on Iraq War Spending. Fox News Network (transcripción).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]