Patrick Rothfuss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Patrick James Rothfuss (nacido o 6 de xuño de 1973) é un escritor estadounidense de fantasía e profesor adxunto de literatura e filoloxía inglesa na Universidade de Wisconsin. É o autor da triloxía The Kingkiller Chronicle.

Biografía[editar | editar a fonte]

Patrick Rothfuss naceu en Madison, Wisconsin. Matriculuse na Universidade de Wisconsin-Stevens Point onde inicialmente pretendía estudar enxeñaría química, pero cambiou de opinión para estudar psicoloxía clínica, adicándose durante tres años a estudar calqueira materia que atraía o seu interese [1]. Durante esta época comezou a traballar nunha novela de fantasía extremadamente longa chamada The Song of Flame and Thunder. Tamén comnzou a escribir unha columna sobre a vida universitaria en de The Pointer, o periódico do campus. Graduouse en inglés no ano 1999. Tras completar The Song of Flame and Thunder, Rothfuss envía o traballo a varias editoriais, pero é rexeitada. No 2002 gaña o premio Writers of the Future con The Road to Levinshir, un extracto da súa novela. A continuación Rothfuss véndea a DAW Books [2]. The Song of Flame and Thunder divídese nunha serie de tres tomos á que se lle da o título de The Kingkiller Chronicle (Crónica do asasino de reis), publicándose o primeiro tomo, The Name of the Wind (O nome do vento), en abril de 2007. A novela gaña ese ano o Quill Award á mellor novela de fantasía/ciencia ficción, aparece na lista de best sellers do The New York Times e Amazon selecciónao entre as súas dez «xoias ocultas» do 2007. The Wise Man's Fear (O temor dun home sabio), a continuación de The Name of the Wind, publícase en marzo do 2011 no mundo anglosaxón. Debutou a primeira semana do seu lanzamento no número 1 de The New York Times e no número 2 de The Times, e foi a recomendación do mes en Amazon. Actualmente, Rothfuss está a traballar na revisión da terceira entrega, provisionalmente titulada The Doors of Stone (As portas de pedra).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

The Kingkiller Chronicle (Crónica do asasino de reis)[editar | editar a fonte]

  • The Name of the Wind (O nome do vento) (abril de 2007)
  • The Wise Man's Fear (O temor dun home sabio) (marzo de 2011)
  • The Doors of Stone (As portas de pedra, título non definitivo)

Outras obras[editar | editar a fonte]

  • The Road to Levinshir (O camiño a Levinshir, extracto dun capítulo de The Wise Man's Fear) (xullo 2008)
  • The Adventures of the Princess and Mr. Whiffle (As aventuras da princesa e o señor Fu) (xullo 2010)
  • Your Annotated, Illustrated College Survival Guide (A túa guía de supervivencia universitaria anotada e ilustrada, recolle as columnas que escribiu no periódico do campus)(2008).