Patricia Neal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patricia Neal
Patricia Neal in The Fountainhead trailer.JPG
Patricia Neal en The Fountainhead
Nacemento Patsy Louise Neal
20 de xaneiro de 1926
Packard, Kentucky
Falecemento 8 de agosto de 2010
Edgartown Massachusets
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actriz
Cónxuxe(s) Roald Dahl (1953-1983)
Ficha na IMDb

Patsy Louis Neal, nada en Packard, Kentucky o 20 de xaneiro de 1926 e finada en Edgartown, Massachusetts o 8 de agosto de 2010 foi unha actriz estadounidense de cinema e teatro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Creceu en Knoxville, Tennessee e estudou drama na Northwestern University, onde gañou tamén un concurso de beleza. O seu primeiro traballo como actriz foi en Broadway.

O seu debut no cinema foi en 1949. Ese mesmo ano protagonizou The Fountainhead, onde coincidiu con Gary Cooper, con quen mantivo un romance. En 1963 interveu en Hud, de Martin Ritt pola que gañaría o Oscar á mellor actriz.

En 1951 Neal coñeceu o escritor británico Roald Dahl, co que casou dous anos despois. En 1965, estando embarazada sufriu tres aneurismas e estivo en coma tres semanas. Finalmente deu a luz unha nena sa. O turbulento matrimonio entre Neal e Dahl acabou en 1983.

Finou de cancro en 2010, na súa casa de Martha's Vineyard.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1949 The Fountainhead
1950 The Breaking Point
1951 The Day the Earth Stood Still
1957 A Face in the Crowd
1961 Breakfast at Tiffany's
1963 Hud
1965 In Harm's Way
1968 The Subject Was Roses
1979 The Passage
All Quiet on the Western Front
1999 Cookie's Fortune
2009 Flying By

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]