Martha's Vineyard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Martha's Vineyard. A illa ten forma aproximadamente triangular e ten unha lonxitude de aproximadamente 20,5 millas (33 quilómetros).

Martha's Vineyard é unha illa situada na costa sur de Cape Cod, ambas formando parte da rexión de Outer Lands.

Nome[editar | editar a fonte]

Bartholomew Gosnold nomeou así a illa (que xa tiña nome indíxena) pola súa filla Martha.[1] A miúdo chámase só "the Vineyard" (a viña).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Cunha superficie terrestre de 231,75 km² (87,48 millas cadradas ), Martha's Vineyard é a 57ª illa máis grande dos Estados Unidos. Atópase no Estado estadounidense de Massachusetts, no condado de Dukes, que tamén inclúe Cuttyhunk e as outras illas Elizabeth, así como a illa de Nomans Land e de Chappaquiddick.

Coordenadas:[editar | editar a fonte]

41°24′N 70°37′W

Sociolingüística[editar | editar a fonte]

A adopción do concepto comunidade de falantes como foco de análise lingüística xurdiu na década de 1960, debido ao traballo pioneiro de William Labov, cuxos estudos sobre a variación lingüística na cidade de Nova York e a pequena vila de Martha's Vineyard sentaron as bases da sociolingüística como ciencia social. Os seus estudos demostraron que non só a clase e a profesión estaban claramente relacionadas coa variación lingüística dentro dunha comunidade de falantes (por exemplo, Martha's Vineyard), senón que as aspiracións socioeconómicas e a mobilidade tamén eran de grande importancia[2].

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bartholomew Gosnold, the Founding Grandfather of the 13 Colonies (and Namer of Cape Cod)". New England Historical Society (en inglés). 2015-06-24. Consultado o 2022-02-03. 
  2. "William Labov – Martha’s Vineyard – All About Linguistics" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2022. Consultado o 2022-06-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]