Patan
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 27°42′N 85°21′E / 27.7°N 85.35°E
Patan (Devanāgarī:पाटन) é unha cidade de Nepal situada no Val de Katmandu, a orelas do río Bagmati, no distrito de Lalitpur. Tanto o nome Patan (पातन) como o de Lalitpur (लालितपुर) utilízanse para denominar a cidade.
A súa poboación no 2001 era de 162.991 habitantes.
A histórica Praza de Durbar de Patan forma parte do conxunto denominado Val de Katmandu, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1979.