Partido da Protección dos Dereitos Humanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido da Protección dos Dereitos Humanos
Tipopartido político
Ideoloxíaconservadorismo social, conservadorismo cultural e Democracia cristiá
Data de fundaciónmaio de 1979
Fundador(es)Va'ai Kolone e Tofilau Eti Alesana
Presidente/aTuilaepa Sailele Malielegaoi (-) Editar o valor em Wikidata
SedeApia
PaísSamoa
Na rede
http://hrpp.org.ws
editar datos en Wikidata ]

O Partido da Protección dos Dereitos Humanos (en inglés: Human Rights Protection Party, HRPP) é un partido político de Samoa. Ten sido o partido dominante na política samoana dende 1982[Cómpre referencia].

Historia[editar | editar a fonte]

O partido foi fundado en maio de 1979 como oposición ao goberno de Tupuola Efi[1]. Goberna o país dende a súa primeira vitoria en 1982, agás nun breve período entre 1986 e 1987 cando as diferenzas internas obrigáronlle a ir en coalición.

A figura máis senlleira do partido é o antigo Primeiro Ministro Tofilau Eti Alesana, finado en 1999. O líder do partido é[cando?] o Primeiro Ministro Tuila'epa Sailele Malielegaoi.

Nas eleccións lexislativas do 4 de marzo de 2001, o partido obtivo o 45,1% dos votos e 23 de 49 escanos. Nas eleccións do 2 de abril de 2006, acadou 35 de 49 escanos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Asofou So'o (2005). "The establishment and operation of Samoa's political party system". En Roland Rich, Luke Hambly e Michael G. Morgan. Political Parties in the Pacific Islands. Canberra: Pandanus Books. p. 189.