Partido Independentista Portorriqueño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Independentista Portorriqueño
Partido político Partido Independentista Portorriqueño (Puerto Rican Independence Party)
Ano fundación 1946(moderno) 1868 (histórico)
Ideoloxía Libelarismo, Nacionalismo, Progresismo, Internacional Socialista
Posición Centroesquerda, centro
Sede 963 Ave. Roosevelt
San Xoán,

Porto Rico
00920-2901

Ámbito Porto Rico
Afiliación Internacional Socialista Internacional
Secretario Xeral Juan Dalmau
Candidato ó Senado María de Lourdes Santiago (portavoz)
Candidatos ó Congreso Víctor García San Inocencio (portavoz)
Web do partido www.independencia.net

O Partido Independentista Portorriqueño é unha tres forzas políticas máis importantes do Porto Rico xunto co Partido Popular Democrático e o Partido Nuevo Progresista. Actualmente é o segundo partido da oposición. O actual presidente é Ruben Berrios.

A proposta deste partido é que Porto Rico se converta nunha nación soberana. Foi fundado por Gilberto Concepción de Gracia o 20 de outubro de 1946, na gallera Tres Plamas, do municipio de Bayamón, para servir á loita cívica e electoral pola independencia do país, logo de que o Partido Popular Democrático abandonara a ideoloxía independentista ó obter o poder gobernamental. O PIP cre na loita cívica e electoral para lograr a independencia, tendo utilizado o método da desobediencia civil e propón un sistema económico socialdemócrata.

Historia[editar | editar a fonte]

O PIP participou por vez primeira nas eleccións xerais de 1948, obtendo preto do 10% dos votos. O Partido Independentista non participou na Asemblea Constituínte de 1952 por entender que non se estaba redactando unha verdadeira constitución, senón que simplemente se lle cambiaba o nome ó mesmo réxime colonial. Durante o proceso de votación rexistrouse un forte abstencionismo. Nas eleccións xerais de 1952 o partido obtivo o 20% dos votos e elixiu quince lexisladores, converténdose así no principal partido da oposición. A finais da década dos 50 o PIP perdeu gran parte do seu apoio electoral, converténdose nun partido minoritario, sen case ningunha posibilidade de obter unha vitoria electoral, xa que os seus votos estiveron entre o 4 e o 6 por cento. Entre as causas que levaron á significativa perda de votos estiveron a persecución desenfreada por parte do goberno local e de axencias do goberno dos Estados Unidos, e a campaña de medo cara á independencia. Malia todo, os seus seguidores seguiron loitando.

O PIP pasou por dous momentos de alto crecemento. O primeiro ocorreu durante as eleccións de 1972, cando lanzaron a campaña "Arriba los de abajo". Dita campaña tiña un alto contido de xustiza social, e mesmo elementos das ideas socialistas que cobraron auxe logo da Revolución Cubana. Despois de ditas eleccións, o partido sufriu unha transformación radical, onde os sectores da pequena burguesía entraron nunha loita campal polo liderado contra sectores da alta burguesía. Un terceiro sector, liderado por Carlos Gallizá e Luis Ángel Torres, autodenominado "los terceristas" por non estaren cun ou outro grupo, planteaban a creación dun partido independentista da clase obreira, de corte marxista-leninista e que a dirección do partido fose electa pola cúpula e non pola base. O grupo liderado por Rubén Berríos, apoiado pola base do partido, obtivo o apoio maioritario da asemblea xeral. Este grupo loitaba en contra de que a cúpula fose quen nomease ó presidente da colectividade, chegando a ser coñecido como "Rubén y los brutos" por ser xente do rural. Eventualmente os terceiristas abandonaron ou foron expulsados do partido, e xunto coas mocidades universitarias do PIP (Juventud Independentista Universitaria) comezaron a desenvolver un traballo independente que culminou na fundación do Movimiento Socialista Popular en 1974 (organización que posteriormente se une ó Partido Socialista Revolucionario para formar o Movimiento Socialista de Trabajadores). Nesa mesma época o PIP liderou a loita de desobediencia civil que logrou a saída da Mariña de Guerra estadounidense da illa-municipio de Culebra. Moitos dos líderes terceiristas aliñáronse máis co Partido Popular Democrático e as súas posturas.

O Partido Socialista, baixo o liderado de Juan Mari Bras, logrou aglutinar 10.000 votos nas eleccións de 1972, e logo 5.000 nas de 1976, mentres que o PIP pasou dos os 80.000 votos, cunha proposta de economía social-demócrata. Nas eleccións de 1984 o PIP sufriu unha fuga de votos, obtendo pouco máis de 60.000 sufraxios. Porén, para 1988 novamente o partido se recupera obtendo máis de 95.000 votos. Por outro lado o PIP foi o primeiro en propor unha Asemblea Lexislativa unicameral, proposta que no 2005 gañou o apoio da maioría dos electores.

A partir de 1999 o PIP liderou unha campaña de desobediencia civil pacífica xunto a outras organizacións políticas e relixiosas que culminou na saída da Mariña de Guerra dos Estados Unidos da illa-municipio de Vieques en 2003. No proceso electoral de 2000 o PIP obtivo máis de 100.000 votos para o seu candidato á gobernación, rexistrándose crecemento en votos en case tódolos postos electivos. Nas eleccións de 2004 o PIP perdeu a franquía, ou máis ben o dereito a postular candidatos para as próximas eleccións ante a campaña de medo contra o líder anexionista Pedro Rosselló, e de líderes do Movimiento Independentista Nacional Hostosiano (MINH) a favor do candidato colonialista Aníbal Acevedo Vilá e en contra do PIP. Nese ano o PIP sufriu un dos seus maiores baixóns electorais, ó pasar dos 100.000 votos logo de recibir 100.000 na campaña do 2000. O partido dedicouse entón a recoller sinaturas e lograron máis de cen mil para a re-inscrición do partido en tempo récord.

No 2006 o PIP organizou o Congreso Latinoamericano y Caribeño Por la Independencia de Puerto Rico en Panamá. A este congreso uníronse os principais partidos políticos de toda América Latina e o Caribe en apoio á independencia e soberanía dos portorriqueños. En dito congreso houbo partidos de esquerda, dereita e centro. Moitos dos partidos políticos alí presentes son partidos de goberno nos seus respectivos países, como os casos do Brasil, Panamá, o Perú e Venezuela. Á parte dos numerosos políticos tamén se uniron importantes figuras latinoamericanas en apoio á independencia de Porto Rico, como Gabriel García Márquez, Ernesto Sabato, Mario Benedetti, Eduardo Galeano, Ana Lydia Vega, Luis Rafael Sánchez, Mayra Montero, Pablo Milanés ou Carlos Alberto Libanio Christo.

Para as eleccións xerais de 2008 o PIP presentou como candidatos ó doutor en economía Edwin Irizarry Mora para a gobernación e á licenciada Jéssica Martínez Birriel como candidata a comisionada residente. Para as eleccións de 2020, Juan Dalmau era o candidato do partido. Obtivo 175.402 votos e quedou en cuarto lugar, cun rexistro do 13,58% dos votos, o segundo mellor rendemento electoral da historia do PIP. Co Movimiento Victoria Ciudadana con 179.265 votos e ocupando o terceiro lugar co 13,95% dos votos, esta é a maior parte do voto portorriqueño (27,53%) obtido por partidos de esquerda en Porto Rico.

Líderes do partido[editar | editar a fonte]

A bandeira independentista[editar | editar a fonte]

Cruz escandinava branca sobre de cor verde esperanza

A insignia do PIP consiste nunha bandeira cunha cruz branca sobre un fondo verde. Foron os delegados da vila de Vega Alta os que presentaron este deseño durante a Asemblea de Fundación do PIP do 20 de outubro de 1946.

"un campo rectangular simbolizando la isla de Puerto Rico, de color verde, simbolizando la esperanza del pueblo en el ideal de la libertad; una cruz blanca descansando sobre el fondo verde, simbolizando el sacrificio y compromiso democrático del Partido Independentista Puertorriqueño".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]