Parsatatar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaParsatatar
Biografía
Nacemento1460 a. C. Editar o valor em Wikidata
Morte1440 a. C. Editar o valor em Wikidata (19/20 anos)
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosShaushtatar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Parsatatar (Parsha{tu}tar ou Parashukshatra = "gobernante da machada") foi rei de Mitanni sobre -1470 ou -1460-1450. É coñecido por unha inscrición en Nuzi. Suposto sucesor de Barattarna.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É posíbel que fose baixo este rei cando sobre o -1469 o faraón Tuthmosis III se converteu en único faraón en Exipto á morte de Hatshepsut, que ata entón tiña o poder efectivo, e comezou a aspirar a repetir e mellorar as accións do seu avó e pai: Tuthmosis I (o avó) dirixiu campañas militares ata Naharina (Mitanni) pero serían expedicións de saqueo máis que de establecemento permanente; Tuthmosis II (fillo do anterior e pai de Tuthmosis III) só reinou oito anos e as súas actividades en Palestina serían limitadas; Hatshepsut, non mostrou interese en Siria, e polo tanto Tuthmosis decidiu levar o dominio exipcio cara esta rexión, coincidindo co máximo poder de Mitanni. Nesta época en Siria os poderes dominantes eran o reino de Tunip e o de Qadesh; Tunip era vasalo de Mitanni, pero Qadesh talvez era independente ou, en todo caso, os vínculos con Mitanni eran febles, e gobernaba aí un rei chamado Darusa, que dominaba un extenso territorio ata Megiddo, en Palestina. Tuthmosis decidiu comezar por este estado, o cal, diante do perigo, formou unha coalición de principados (330 estados, a maioría aliados de Mitanni) e estableceu o seu cuartel xeral en Megiddo. Os dous exércitos enfrontáronse preto da cidade e os sirios tivéronse que pechar tras das murallas; o asedio durou sete meses, ata que finalmente a cidade se rendeu, e 119 cidades quedaron sometidas a Exipto (pero probablemente incluíndo cidades que serían ocupadas polos exipcios en campañas paralelas) entre elas Damasco, pero non Qadesh.

Tres campañas exipcias máis nos seguintes anos foron demostracións de forza pouco efectivas, xa que non supuxeron practicamente a conquista de máis territorios, pero durante o segundo ano o faraón creu que se observaban sinais de debilidade hurrita, pois o rei de Mitanni envioulle un agasallo consistente nun grande anaco de lapislázuli. Cinco anos despois, Tuthmosis volveu a Siria e construíu unha frota que levaba as tropas por mar, desembarcando na rexión do Líbano onde ocuparon Ullaza (poucos km ao norte da moderna Trípoli) que pertencía a Tunip, vasalo de Mitanni; desde Ullaza capturou a cidade non afastada de Ardata. Despois saqueou o territorio de Qadesh, pero non puido ocupar a cidade e, á volta, atopou a Ardata rebelada. Nesta campaña conquistáronse Ullaza e Sumur (importante cidade ao norte de Ullaza) que como portos eran moi importantes para os exipcios. Durante os dous seguintes anos preparou a ofensiva contra Mitanni e, neste tempo, Tunip fomentou unha revolta en Ullaza que os exipcios tiveron que acorar.

Na súa oitava campaña (sobre -1454) desembarcou en Ullaza e dirixiuse ao Orontes polo territorio de Qatna e cara ao norte; o rei de Mitanni retirouse e non presentou batalla. Tuthmosis pasou ao oeste de Alepo, onde librou un combate parcial, e seguiu ao norte e librou outro combate en territorio de Karkemish na cidade de Iryn (moderna Erin?), uns 20 km ao noroeste de Alepo, onde derrotaron ás forzas aliadas a Mitanni e someteu a rexión do Baixo Orontes e zona do Éufrates (Karkemish, Emar, Pethor etc...). Preparáronse os barcos para cruzar o Éufrates e entrar en Naharina ou Khurri (Mitanni) non lonxe de Karkemish, ao sur desta cidade e probabelmente non demasiado ao norte de Emar (Meskene), onde se atopou a estela erixida polo seu avó Tuthmosis I (erixiu outra á beira); cruzou o río e dirixíronse ao sur ao territorio de Mitanni.

Tuthmosis volveu cruzar o Éufrates e chegou á terra de Niya, que someteu, e onde nunha cacería matou 120 elefantes; entón marchou ao sur e dirixiuse contra Qadesh que esta vez finalmente conquistou despois dun asedio. Os exipcios chegaron na súa campaña ata Ugarit pero o val inferior do Orontes permaneceu baixo influencia de Mitanni. Os reis de Babilonia, Asiria e Hattusa enviáronlle agasallos ao faraón pola vitoria.

Tuthmosis tivo que volver para acorar unha revolta en Nuhase ou Nuhashe (Nuhashshe) e instalou como príncipe a Taku. Noutra campaña atopouse co exército de Mitanni en Arana, ao noroeste de Alepo e púxoos en fuga. Fixéronse dúas campañas máis, das que non quedaron rexistros

Nunha das campañas, sobre o -1459, o faraón chegou ao Éufrates onde se atopou co rei de Babilonia [[Karaindash e o río foi considerado a fronteira común.

Nunha nova campaña Tuthmosis volvía loitar contra Nuhase e, despois da vitoria exipcia, o rei Idrimi de Alalakh enviou agasallos ao faraón e o reino foi sometido temporalmente (uns dous anos); das seguintes campañas perdéronse os rexistros.

O rei de Mitanni pasou á ofensiva sobre o -1452 e recuperou as posicións perdidas ata o -1454 na zona do Éufrates e baixo val do Orontes. Qadesh e Tunip aliáronse a Mitanni; o rei Idrimi aparece outra vez como aliado de Mitanni en Alalakh (o reino de Mushki, na desembocadura do Orontes). Finalmente Alepo tamén volveu ser vasala do rei hurrita.

Sobre o -1449 os exipcios volveron atacar a rexión e conquistaron Irqata, entre Sumur e Ardata. Sumur (Ullaza, Ardata e Irqata serán puntos chaves do dominio exipcio) e acto seguido Tunip e posicións próximas a Qadesh, dentro da esfera de influencia de Mitanni (as gornicións hurritas en tres cidades do territorio de Qadesh), pero finalmente sobre o -1448 axustouse a paz pola que a rexión ata o Orontes medio e as montañas amorreas serían de Exipto e máis aló de Mitanni.

Suponse que o sucedeu Sausatatar.