Kirta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kirta
Nacementoséculo XV a. C.xuliano
Falecementovalor descoñecido
FillosShuttarna I
editar datos en Wikidata ]

Kirta foi o mítico primeiro rei de Mitanni, unificador das tribos hurritas e das cidades estado como Urkesh e outras, para formar o reino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reinou aproximadamente na metade do século -XVI. Sucedeuno o seu fillo Shuttarna I. Carécese de inscricións sobre o seu reinado. Un relato épico nunha taboíña de Ugarit narra de forma novelada a historia da súa vida: Unha vez mortos todos os seus fillos e a súa esposa, o rei tivo un soño, no que se lle apareceu o deus creador, que lle instruíu para pedir axuda a Baal, deus da choiva, para o que emprendeu unha expedición a fin de conseguir unha nova esposa. No camiño, atopou un santuario da deusa Asherah, á que prometeu ofrecer unha estatua de ouro, se atopaba esposa. Kirta atopou esposa, coa que tivo varios fillos, pero esqueceu a súa promesa á deusa, que o castigou cunha enfermidade. Durante a mesma, o seu fillo máis vello tratou de derrocalo, pero el lanzoulle unha maldición, momento no que acaba o texto.