Parque natural da Serra e dos Canóns de Guara
Serra e Canóns de Güara | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Parque Natural | ||
Ano de constitución: | 1990 | ||
Superficie: | 81.225 hectáreas | ||
Lexislación: | |||
Datos de interese | |||
País: | España | ||
Provincias: | Huesca | ||
Concellos: | Abiego, Adahuesca, Aínsa-Sobrarbe, Alquézar, Arguís, Bárcabo, Bierge, Boltaña, Caldearenas, Casbas de Huesca, Colungo, Huesca, Loporzano, Nueno, Sabiñánigo | ||
Ríos: | Alcanadre, Vero, Formigal, Flumen, Mascún, Guatizalema | ||
Picos | Tozal de Guara (2077m) | ||
Direccións de interese: | Oficina do Parque. Ctra Rodellar s/n, Bierge, | ||
Teléfonos: | 974 31 82 38 |
O Parque Natural da Serra e dos Canóns de Guara atópase na Comunidade Autonómica de Aragón, distribuído ó longo das comarcas de Alto Gallego, Hoya de Huesca, Sobrarbe e Somontano de Barbastro.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A Serra de Guara é unha muralla calcaria que delimita o límite meridional dos Pireneos Oscenses. Na parte central desta Serra atópase o Parque Natural. Sendo este o de maior extensión de Aragón e Espazo de Especial Protección para as Aves (ZEPA). O territorio e paisaxe caracterízanse pola súa complexidade xeolóxica debida á acción erosionadora do vento e a auga nun terreo calcario sumamente permeable e poroso. Así son comúns os canons percorridos por ríos, os acantilados, os barranquos, os Rochedos calcarios coma o Salto de Roldán, as covas, saltos de auga e vales.
Fauna e flora
[editar | editar a fonte]Salientar a variada flora e fauna autóctona, sendo un dos territorios máis importantes de Europa en canto á conservación das aves rapaces. Aquí o Quebraosos ten un dos seus refuxios máis importantes. Entre a flora destacar as plantas rupícolas coma a Orella de Oso e a Coroa do Rei. Ademais hai que engadir o gran valor do patrimonio artístico, subliñable pola presenza de restos de pinturas rupestres e construcións megalíticas.