Parque Nacional dos Sundarbans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 21°50′17″N 88°53′07″L / 21.83806, -88.88528

Parque Nacional dos Sundarbans
Tigre nos Sundarbans.
Parque Nacional dos Sundarbans en India
Parque Nacional dos Sundarbans
Parque Nacional dos Sundarbans
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísIndia India
Localización21°50′17″N 88°53′07″L / 21.83806, -88.88528
TipoNatural
CriteriosIX, X
Inscrición1987 (11ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia
Identificador452

O Parque Nacional dos Sundarbans é un parque nacional, reserva de tigres e reserva da biosfera que se atopa en Bengala Occidental, na India. Forma parte dos Sundarbans no delta do Ganxes e é adxacente á Reserva Forestal dos Sundarbans en Bangladesh. Atópase ao suroeste de Bangladesh. O delta está densamente cuberto por bosque de mangleiral, e é unha das meirandes reservas de tigre de Bengala. Tamén alberga unha variedade de especies de aves, réptiles e invertebrados, incluíndo o Crocodylus porosus. O actual Parque Nacional dos Sundarbans foi declarado como a área central da Reserva de Tigres de Sundarban en 1973 e un santuario de vida salvaxe en 1977. O 4 de maio de 1984 foi declarado parque nacional. É Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende 1987,[1][2] e foi designado sitio Ramsar dende 2019.[3] Está considerada como unha Rede Mundial de Reservas da Biosfera (Reserva do Home e da Biosfera) dende 1989.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sundarbans National Park". World Heritage: Unesco.org. Consultado o 2010-11-06. 
  2. "Sundarbans National Park" (PDF). Unesco. Consultado o 2010-11-06. 
  3. "Sundarban Wetland". Ramsar Sites Information Service. Consultado o 14 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]