Parque Nacional de Morne Trois Pitons
Coordenadas: 15°19′30″N 61°19′00″O / 15.32500, -61.31667
Parque Nacional de Morne Trois Pitons | |
---|---|
Camiño no Parque Nacional. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Dominica |
Tipo | Natural |
Criterios | viii, x |
Inscrición | 1997 (XXI sesión) |
Rexión da UNESCO | Latinoamérica e o Caribe |
Identificador | 814 |
O Parque Nacional de Morne Trois Pitons é un parque nacional en Dominica estabelecido en xullo de 1975, o primeiro en ser legalmente estabelecido no país. Converteuse en Patrimonio da Humanidade en 1997.[1] O parque recibe o nome da súa montaña máis alta, Morne Trois Pitons, que significa montaña dos tres picos. O parque é unha zona de importante actividade volcánica. Entre as características do parque inclúense o Val da Desolación, unha rexión de estanques de barro fervendo e pequenos géyseres, o lago Boiling, a garganta de Titou, e a Piscina Esmeralda. A montaña é o segundo pico máis alto de Dominica, sendo superado só por Morne Diablotins (1.447 m).[2]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Piscina Esmeralda e fervenza.
-
Fervenzas Middleham
-
Xungla de Dominica
-
Lago de auga doce.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Hailey, Adrian (2011). Conservation of Caribbean Island Herpetofaunas Volume 2: Regional Accounts of the West Indies. BRILL. p. 162. ISBN 978-9004194083 – vía Google Books.
- ↑ "Morne Diablotins, Dominica". Consultado o 29 de xullo de 2020.