Parlamento da Rioxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fachada do antigo Convento da Mercé, sede do actual Parlamento da Rioxa.

O Parlamento da Rioxa (en castelán: Parlamento de La Rioja) é, xunto ao presidente e goberno rexionais, un dos tres órganos institucionais da comunidade autónoma da Rioxa, en España.

É o órgano supremo de representación da Rioxa, segundo recolle o Estatuto de Autonomía da Rioxa. Os seus membros son elixidos polos cidadáns de forma democrática nas Eleccións ao Parlamento da Rioxa e desempeña o papel lexislativo.

Elección[editar | editar a fonte]

O parlamento consta de 33 escanos que se elixen nunha circunscrición única formada polo territorio da comunidade. Á hora de distribuír os escanos só se teñen en conta as candidaturas que superen o 5% dos votos; estes escanos repártense de forma proporcional en base ao método D'Hondt.

Funcións[editar | editar a fonte]

O parlamento representa ao pobo da Rioxa, exerce a potestade lexislativa, aproba os orzamentos e as contas da Rioxa, impulsa e controla a acción política e de Goberno así como calquera outra competencia que lle corresponda dentro do marco legal no que se atopa (constitución, ordenamento xurídico etc).

As súas funcións detállanse no artigo 19 do Estatuto de Autonomía.[1]

Composición[editar | editar a fonte]

Órganos do Parlamento[editar | editar a fonte]

  • Presidente (José Ignacio Ceniceros)
  • Mesa
  • Xunta de portavoces
  • Deputación permanente
  • Comisións do Parlamento da Rioxa

Repartimento de escanos (Lexislatura 2011-2015)[editar | editar a fonte]

Grupos parlamentarios no Parlamento da Rioxa

Nome Partidos Portavoz Líder Escanos
Grupo Parlamentario Popular (GPP) PP Carlos Cuevas Pedro Sanz (Presidente) 20
Grupo Parlamentario Socialista (GPS) PSOE Juan Francisco Martínez-Aldama Juan Francisco Martínez-Aldama 11
Grupo Parlamentario Rioxano (GPR) PR Miguel González de Legarra Miguel González de Legarra 2

Sede[editar | editar a fonte]

Vista da fachada principal.

O edificio onde se atopa o Parlamento da Rioxa data do século XIV, aínda que sufriu importantes reformas durante o século XVI. Destaca a súa fachada barroca, que data de 1685.

Durante o século XIX é utilizado como cuartel, hospital militar, almacéns, prisión... ata que en 1889 establécese nela unha Fábrica de Tabacos, realizándose importantes reformas.

En 1978 volve a mans municipais. Trala creación do Estatuto de Autonomía, o edificio é restaurado en 1988, e o claustro do convento convértese no hemiciclo do Parlamento. O resto do antigo convento foi reutilizado como sala de exposicións (Sala Amós Salvador) e como Biblioteca Pública do Estado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goberno da Rioxa (PP + PR) (ed.). "Estatuto de Autonomía da Rioxa, Título II, Capítulo Primeiro". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2009. Consultado o 30 de xuño de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]