Palio de autoridades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O chamado palio de autoridades é un dosel portátil sostido por catro ou máis varas longas, baixo o cal vai o sacerdote coa custodia, unha imaxe relixiosa ou certas autoridades nas procesións ou cortexos.[1]

Na Igrexa Católica tradicionalmente utilízase o palio para protexer ás súas autoridades, do mesmo modo que se utiliza para resgardar as imaxes sagradas e ao Santísimo Sacramento. A Igrexa ao longo do tempo, amiga dos poderosos, extendeu o uso do palio ás autoridades non eclesiásticas. Así, desde antigo, os soberanos de calquera territorio da cristiandade, usaron o palio para cubrir a súa entrada no ámbito eclesiástico. Por iso todos os reis de España, ao acudiren institucionalmente a calquera recinto sagrado de certa entidade, eran recibidos na súa entrada en sagrado, cubertos baixo palio. Dita práctica continou na ditadura de Francisco Franco, equiparando ao ditador cos reis. O rei Juan Carlos I, nun dos seus primeiros anos de reinado, percorreu o recinto sagrado da basílica de El Escorial baixo un palio eclesiástico sostido por xenerais, almirantes e coroneis.[2] Posteriormente renunciou a este privilexio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. palio, 3ª acep. no Dicionario da RAG.
  2. Bajo palio, en Blog de Heráldica.