Pierre-Napoléon Breton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «P. N. Breton»)
Infotaula de personaPierre-Napoléon Breton

Pierre-Napoléon Breton en 1912
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1858.
Morte10 de novembro de 1917.
Varennes.
Quebec.
Canadá.
Datos persoais
País de nacionalidade Canadense.
Coñecido porEstudos de numismática canadense.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarie Louise Lafricain (1879).


Pierre-Napoléon Breton, nado en Montreal, Quebec, o 10 de xuño de 1858, e finado en Varennes, Quebec, o 10 de novembro de 1917, foi un numismático canadense, destacado polos seus estudos e catálogos de moeda do Canadá, sinaladamente as emisións privadas de cobre dos primeiros tempos, coñecidas como tokens.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Bretón naceu o 10 de xuño de 1858 en Montreal, fillo de Victorine Heney e de Francois Breton.[1][2]

Logo de recibir a educación primaria nas Escolas dos Irmáns Cristiáns desa cidade, aos 15 anos entrou a traballar na entidade bancaria e de troco L. Marchand & Son, onde comezou a espertar a súa afección pola moeda canadense.[1][2][3]

A partir de 1875 comezou a traballar na libraría Beauchemin & Valois e posteriormente noutra, chamada Cadieux & Derome, ata que en 1889 emprendeu o seu propio negocio na rúa St. Catherine, de venda de libros e papelaría, que posteriormente completou cunha sección de moedas e artigos numismáticos.[1][2][3]

Bretón numismático[editar | editar a fonte]

Portada de Illustrated history of coins and tokens relating to Canada / Histoire illustrée des monnaies et jetons du Canada (1894)

O seu interese pola numismática canadense levouno non só a confeccionar unha nutrida colección persoal, senón tamén a facer diversas investigacións que culminaron en varias publicacións sobre este particular. A súa obra máis característica, ampliación doutra publicada catro anos antes, é Illustrated History of Coins and Tokens Relating to Canada / Histoire illustrée des monnaies et jetons du Canada (1894),[4] na que establece un sistema de numeración propio para a catalogación das moedas utilizadas no Canadá ao longo da historia, sinaladamente as fichas comerciais (tokens) anteriores á Confederación.[2][3][5] Esta numeración, perfeccionada, segue a utilizarse en publicacións actuais.[6]

As súas obras, xunto coas de R. W. McLachlan e as de Joseph Leroux, son consideradas como as bases da investigación numismática canadense.[7]

Entre outras entidades asociativas e eruditas, Bretón foi un membro destacado da Sociedade de Arqueoloxía e de Numismática de Montreal e da American Numismatic Association (ANA). En 1909 tivo unha notable participación da convención que a ANA celebrou en Montreal.[8]

Polas súas contribucións aos estudos numismáticos, foi condecorado polo Goberno francés como Oficial de Instrución Pública.[2]

Como coleccionista, Bretón chegou a reunir unha das coleccións de moeda canadense de toda América do Norte. Esta colección foi adquirida en 1891 por 4.000 dólares polo Goberno Provincial do Quebec para con ela fundar un museo numismático no Departamento de Educación do Quebec.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Pierre-Napoléon Breton casou en 1879 con Marie Louise Lafricain, con quen tivo 15 fillos.[1][2][3]

Breton finou subitamente o 10 de novembro de 1917,[8] cando se atopaba mercando libros nunha libraría de Varennes, no Quebec.[2]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Estes son os traballos publicados por Pierre-Napoléon Breton acerca da moeda canadense:[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "P. Napoleon Breton". En The Numismatist. Vol. 6. Nº 1. Páxinas 1-3.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Renaud, L. A. (1918).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Goudreau, M. (2010). Páxina 19.
  4. Véxase "(1890)" e "(1894)" en "Publicacións".
  5. Hudgeons, M. et al. (2007). Páxina 281.
  6. Stanley, W. J. (2018). Páxina 1.
  7. Willey, R. C. (1969). Páxina 115.
  8. 8,0 8,1 Goudreau, M. (2010). Páxina 20.
  9. "Breton, P. N. (Pierre Napoléon) né 1858". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]