Ourego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ourego
ChristianBauer flowering oregano.jpg
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Xénero: Origanum
Nome científico
Origanum vulgare
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O ourego (Gl-ourego.ogg pronunciación ) (Origanum vulgare) é unha planta labiada orixinaria de Europa, rexión mediterránea e Asia central e do sur. É unha herba perenne que chega a medir de 20 a 80 cm de alto, con follas opostas que miden 2 a 4 cm. de longo. As flores son brancas ou purpúreas, nacen en inflorescencias terminais moi ramificadas, estan protexidas por folliñas moi pequenas de cor vermello e miden 3-4 mm. O seu nome deriva do grego origanon (ὀρίγανον), de oros (ὄρος), "montaña” + o verbo ganousthai (γανοῦσθαι) "deleitarse con".

A planta posúe unhas glándulas pequenas que conteñen a esencia aromática, de cor amarelo limón composta por un estearopteno e dous tipos de fenois, un deles o carvacrol. As raíces conteñen estaquiosa e os talos substancias tánicas. O ourego e unha herba moi importante na cociña, particularmente na zona mediterránea. A parte usada na cociña son as follas, sendo as secas máis aromáticas cas verdes.

Propiedades medicinais [editar]

O ourego destaca polas súas propiedades medicinais, sendo as máis importantes as súa actividade antioxidante, antimicrobiana e, en estudos bastante primarios, antitumoral, tamén é considerada tónica e dixestiva

Galería de imaxes [editar]