Os Chotos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Chotos
OrixeEmbún (Jacetania), Aragón Aragón
Período2000 - presente
MembrosAlfredo Arias
Dani Beltrán
Eugenio Arnao
Kike Ubieto
Miguelé Abadías
Na rede
http://oschotos.es

Os Chotos é un grupo musical aragonés, fundado en 2000 na vila de Embún, no concello de Val d'Echo (Jacetania). Cantan en aragonés e castelán.

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo naceu co nome de A Ronda d'os Chotos d'Embún. Ao longo do tempo tivo varios cambios na formación dos seus membros. Nas súas cancións adoitan usar letras irónicas, e tratan os problemas da súa bisbarra, como a amenaza dos encoros, a despoboación e abandono dos lugares ou o turismo de masas. Está formado por Alfredo Arias (baixo), Dani Beltrán (voz, laúde e guitarra), Eugenio Arnao (batería e percusión), Kike Ubieto (voz, guitarra e acordeón diatónico) e Miguelé Abadías (voz, gaita de boto, dulzaina, trompa de Ribagorza e whistles).

Discografía[editar | editar a fonte]

  • L'Arco San Chuan (2002)
  • Taratita (2005)
  • Abril ye transparent (2010)
  • Biellos Tiempos (2016, adicado a José Antonio Labordeta)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]