Orchestre de Paris
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Orchestre de Paris é unha orquestra francesa creada en 1967 na cidade de París e o seu actual director musical é Christoph Eschenbach.
Tras a disolución da Orchestre de la Société des Concerts du Conservatoire o ministro francés de cultura, André Malraux e o director xeral de música, arte lírica e danza do ministerio Marcel Landowski convocaron a Charles Münch para crear unha nova orquestra en París. En 1976 a Orchestre de Paris formou o seu propio coro, habitualmente a Orchestre actúa na Salle Pleyel, agás entre 2002 e 2006 cando actuou no Théâtre Mogador.
Directores musicais desta formación [editar]
- Christoph Eschenbach (2000– )
- Christoph von Dohnányi (1998–2000) (conselleiro artístico)
- Semyon Bychkov (1989–1998)
- Daniel Barenboïm (1975–1989)
- Georg Solti (1972–1975)
- Herbert von Karajan (1969–1971) (conselleiro musical)
- Charles Münch (1967–1968)