Operación Whitecoat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


A Operación Whitecoat foi o nome que recibiu un programa de investigación médica realizado polo exército dos Estados Unidos entre 1954 e 1973 en Fort Detrick que consistiu na realización de experimentos médicos con seres humanos, escollidos entre soldados recrutas rexistrados como obxectores de conciencia adventistas do sétimo día. O obxectivo declarado destes experimentos consistía en experimentar a defensa contra armas biolóxicas e químicas. Aínda que o programa como tal xa non existe, investigacións médicas semellantes seguen a se realizar no USAMRIID (United States Medical Research Institute of Infections Diseases) con sede en Fort Detrick.

Experimentos[editar | editar a fonte]

O exército dos Estados Unidos principiara a experimentar cos efectos das armas biolóxicas en 1953, realizando un estudo sobre a febre Q con voluntarios, fora un éxito e na procura dun grupo relativamente homoxéneo en canto ao seu estado físico e actitude mental dirixiuse cara aos adventistas, que exercían a obxección de conciencia como combatentes pero non se negaban a servir no exército en postos que non requirisen levar armas, os primeiros contactos con dirixentes da Igrexa Adventista realizáronse en outubro de de 1954 e en 1958 comezaron os primeiros proxectos de investigación. Os voluntarios puideron consultar a familia e sacerdotes antes de se decidiren a partipar, logo tiñan que asinar un consentimento tras discutir os riscos e tratamentos cun médico militar. Aproximadamente un 20% dos voluntarios iniciais declinaron partipar [1]

Ao final arredor de 2300 soldados estadounidenses participaron como voluntarios na investigación permitindo que lles infectaran virus e bacterias que se consideraban de uso posible nun ataque biolóxico, ademais outros 800 voluntarios participaron como técnicos de laboratorio, auxiliares de enfermería, coidadores de animais e oficinistas. Os voluntarios, coñecidos como white coat (literalmente bata branca) expuxéronse a febre amarela, febre do Val do Rift, hepatite A, Yersinia pestis, tularemia, encefalite equina venezolana entre outras, e logo tratáronos de acordo coa enfermidade inoculada (para determinaren a efectividade de antibióticos e vacinas.

Resultados[editar | editar a fonte]

Moitas das vacinas que protexen contra axentes usados na guerra biolóxica testáronse en humanos na operación Whitecoat. Segundo o USAMRIID, a operación Whitecoat contribuiu a consecución de vacinas aprobadas pola Administración de Alimentos e Medicamentos para a febre amarela e a hepatite e na investigación de fármacos para tratar a febre Q, encefalite equina venezolana, febre do val do Rift e tularemia, ademais a USAMRIID tamén afirma que serviu para desenvolver equivamento, procedementos de descontaminación, incubadoras, centrifugadoras e filtros de partículas [2]

Ningún dos voluntarios morreu durante o período de realización das probas (nota), estímase nuns 500 os voluntarios con vida en 2003 (nota). Algúns afirman que tivo efectos lentos na súa saúde (nota) e cando menos un deles considera que como resultado dos experimentos tivo problemas serios de saúde (nota)

En 1969 logo dunha serie de artigos de prensa, moitos adventistas comezaron a cuestionar a participación da súa igrexa no proxecto e a Conferencia Xeral formou un comité de nove persoas para estudar o asunto que coincidiu co anuncio realizado por Richard Nixon de prohibir a guerra química e bactereolóxica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jeffery Stephenson e Arthur Anderson "Ethical and Legal Dilemmas in Biodefense Research"[1]
  2. Ídem, páxina 567

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]