Once Sent from the Golden Hall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Once Sent from the Golden Hall
Álbum de Amon Amarth
Publicado10 de febreiro de 1998
Gravaciónoutono de 1997
Estudio(s)The Abyss
Duración44:51
Xénero(s)death metal melódico
Selo(s)Metal Blade
Producido porPeter Tägtgren, Amon Amarth
Cronoloxía
Sorrow Throughout the Nine Worlds
(1996)
Once Sent from the Golden Hall The Avenger
(1999)

Once Sent from the Golden Hall é o primeiro álbum de estudio da banda sueca de death metal melódico Amon Amarth, publicado o 10 de febreiro de 1998 a través do selo Metal Blade. A edición orixinal estaba formada por só 1 000 copias en CD e vinilo. Posteriormente o disco foi reeditado por Metal Blade en 2005. Unha versión de luxo apareceu en 2009, co álbum remasterizado por Jens Bogren e un CD extra co disco tocado ao vivo en Bochum, Alemaña.[1] Martin Lopez deixou o grupo pouco despois do lanzamento do traballo para unirse a Opeth, sendo o seu único traballo na banda. Tamén é o único disco co guitarrista Anders Hansson.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Ride for Vengeance"   4:30
2. "The Dragons' Flight Across the Waves"   4:35
3. "Without Fear"   4:50
4. "Victorious March"   7:58
5. "Friends of the Suncross"   4:43
6. "Abandoned"   6:02
7. "Amon Amarth"   8:08
8. "Once Sent from the Golden Hall"   4:11
44:57

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Amon Amarth - Once Sent From The Golden Hall". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-01-04.