Olalla Tuñas
(Redirección desde «Olalla Tuñas Martínez»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1989 (34/35 anos) Outes, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , poetisa |
Lingua | Lingua castelá |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Olalla Tuñas Martínez, nada en Outes en 1989, é unha xornalista e escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Despois de facerse con varios premios durante a adolescencia, en 2010 gañou o Certame de Poesía Francisco Añón co poemario Split screen. Durante 2012 participou en Santiago de Chile no Laboratorio de Escritura das Américas LEA do que xurdiu o libro colectivo BAR. Xa en 2013, gañou o primeiro premio do certame Xuventude Crea coa serie de poemas Cidade libre, que aparecería publicada máis tarde na revista Dorna. En 2016 textos seus apareceron na antoloxía de poesía nova No seu despregar (Apiario).
Actualmente reside en Berlín, onde traballa nunha axencia de noticias.