O xastriño valente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O xastriño valente

Offterdinger Das tapfere Schneiderlein (1).jpg
O xastreciño valente, ilustración de Carl Offterdinger.

Título orixinal Das tapfere Schneiderlein
Autor Irmáns Grimm
País Alemaña
Tema(s) Conto
Xénero(s) Conto de fadas

O xastriño valente é o conto de fadas número 20 dos irmáns Grimm[1], escritores e filólogos alemáns célebres polos seus contos para nenos.

Índice

Resumo do conto [editar]

Un xastre estaba sendo molestado por sete moscas mentres traballaba e decidiu acabar con elas, e o fixo dunha soa vez. Orgulloso da súa proeza, pois non é cousa doada, fiou unha cinta onde puxo Sete dun golpe, e decidiu que o mundo debía saber da súa proeza, e votou a andar. No camiño, atópase cun xigante que, pensando que a frase refírese a homes en vez de moscas, lle mostra respecto. Pero o xigante ponno a proba en numerosas ocasións, das que o xastreciño valente sae indemne grazas ó seu inxenio. Despois de desfacerse del, chega a un reino onde a frase Sete dun golpe é interpretada como o lema dun poderoso guerreiro, e impresionados, encárganlle liberar a rexión de dous gigantes, un unicornio e un temível xavalí que teñen asustados os seus habitantes. A cambio recibirá a metade dun reino e a man dunha princesa. Empregando novamente a súa intelixencia, o xastreciño valente supera os retos que enfrenta conseguindo despois a súa recompensa.

Adaptación de Disney [editar]

Mickey Mouse aparece na película de dibuxos animados de Disney O xastreciño valente baseada neste conto.

Notas [editar]

  1. Jacob and Wilheim Grimm, Household Tales,"The Brave Little Tailor"

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]