O axente invisible

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O axente invisible
Ficha técnica
Título orixinalThe Gray Man
DirectorAnthony Russo
Joe Russo
Produtor
Guión
Baseado enThe Gray Man de Mark Greaney
Intérpretes
MúsicaHenry Jackman
FotografíaStephen F. Windon
Montaxe
Estudio
DistribuidoraNetflix
Estrea22 de xullo de 2022
Duración129 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción e suspense
Orzamento200 millóns de dólares[1]
Recadación249 462 dólares
Na rede
IMDB: tt1649418 Filmaffinity: 141939 Allocine: 189549 Rottentomatoes: m/the_gray_man_2022 Metacritic: movie/the-gray-man Netlix: 81160697Editar o valor em Wikidata

O axente invisible[2] (en inglés: The Gray Man) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Anthony e Joe Russo. O guión foi escrito por Christopher Markus e Stephen McFeely, e baséase na novela homónima de 2009 escrita por Mark Greaney. Está protagonizado por Ryan Gosling, Chris Evans, Ana de Armas, Jessica Henwick, Regé-Jean Page, Wagner Moura, Julia Butters, Dhanush, Alfre Woodard e Billy Bob Thornton. Foi producido pola compañía dos irmáns Russo, AGBO, e o filme tenta comezar unha franquía baseada nas novelas de Gray Man de Greaney.

A adaptación da novela de Greaney anunciouse orixinalmente en 2011, con James Gray para dirixir a Brad Pitt, e máis tarde a Charlize Theron nun papel de intercambio de xénero, aínda que ningunha das dúas versións chegou a bo porto. A propiedade permaneceu no inferno do desenvolvemento ata xullo de 2020, cando se anunciou que os irmáns Russo dirixirían, con Gosling e Evans como protagonistas. A rodaxe comezou nos Ánxeles en marzo de 2021, antes de rematar en Praga, en xullo dese ano. Cun orzamento de produción de 200 millóns de dólares, está entre os filmes máis caros realizados por Netflix.

O axente invisible tivo unha estrea limitada en cinemas o 15 de xullo de 2022, a cal foi seguida pola estrea dixital en Netflix o 22 de xullo, onde conta con versión subtitulada en galego[3] traducida por Laura Feijóo. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou o elenco, mais criticou o "guión inzado de clichés e o ritmo vertixinoso."[4]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fleming, Mike Jr. (2020-07-17). "Netflix Commits Largest Budget So Far For 'The Gray Man;' Ryan Gosling, Chris Evans Star, AGBO'S Joe & Anthony Russo Direct Mano A Mano Espionage Thriller". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-17. 
  2. pipocas.amesa.gal (ed.). "O axente invisible". Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  3. Fansubgalego, ed. (22 de xullo de 2022). "O axente invisible subtitulado en galego". Consultado o 25 de xullo de 2022. 
  4. "'The Gray Man' Review Roundup: A 'Throwback' Action Movie That's 'Listless' and Full of 'Tropes and Cliches'". Variety. 14 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2022. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  5. N'Duka, Amanda (24 de maio de 2021). "'Game of Thrones' Actor DeObia Oparei Cast in 'The Gray Man' From Netflix". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2021. Consultado o 24 de maio de 2021. 
  6. "Dhanush is ready to rub shoulders with Chris Evans, Ryan Gosling; first look revealed from Russo Brothers' The Gray Man". Hindustan Times. 26 de abril de 2022. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2022. Consultado o 26 de abril de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]