O Trasno Novo Teatro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Trasno Novo Teatro é un grupo de teatro afeccionado da parroquia viguesa de Comesaña, fundado en 1980 por Xaime Costas Fernández. É grupo cofundador da Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea).

En 2007 organizou a I Mostra de Teatro Afeccionado, integrada no circuíto teatral de Galicia, no centro cultural da parroquia, o Nautilius. Nesta edición participan Fran Núñez, membro de Lohengrín Teatro, cun espectáculo de zancos; O Trasno, con D2N2, 3; Lohegrín Teatro, co espectáculo Cadaleitos; Rueiro, de Coia con A viúva de Dupont; e Tarantela de Beade con Vostede ten ollos de muller fatal.