Xaime Costas Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXaime Costas Fernández
Biografía
NacementoVigo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector teatral Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xaime Costas Fernández, nado en Comesaña (Vigo), é un dinamizador cultural, actor e director de teatro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ámbito da dinamización cultural salienta o seu traballo como director dos grupos de teatro afeccionado O Trasno Novo Teatro, vinculado á AVCD Nautilius de Comesaña, creado en 1980, e o grupo Esguello de Coia. Ten colaborado na Revista Galega de Teatro, con artigos e crónicas sobre o teatro afeccionado. Formou parte da directiva fundadora da Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), creada en 2001 polas compañías Metátese, Ditea, O Trasno Novo Teatro, Aurín, Atrezzo, o Grupo da Asociación de Mulleres de Moaña e Escoitade.

Obras dirixidas[editar | editar a fonte]

  • ...muller ¿que?, O Trasno Novo Teatro (2004).
  • Outra máis de Don Quixote, Esguello (2005).
  • Vixía, O Trasno Novo Teatro, creación colectiva a partir de textos de Baudelaire e Michael de Ghelderode, entre outros; inaugurou o IV Encuentro Estatal de Teatro Aficionado en Narón (2005).
  • D2N2,3, O Trasno Novo Teatro; inaugurou o Festival de Teatro de Palas de Rei (2007).