Nikolaus von Amsdorf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nikolaus von Amsdorf.

Nikolaus von Amsdorf, nado en Torgau en 1483 e finado en Eisenach en 1565, foi un reformador protestante alemán.

Educado en Leipzig e en Wittenberg, en 1502 foi dos primeiros en se matricular na recén aberta universidade da cidade, e en 1511 convértese en profesor de teoloxía.

Como Andreas Karlstadt ao comezo foi un defensor da teoloxía escolástica, pero baixo a influencia de Lutero deixa as súas posicións aristotélicas para se achegar a unha teoloxía fundamentada na graza de Santo Agostiño, e converteuse nun dos máis fieis seguidores de Lutero, acompañándoo á conferencia de Leipzig (1519) e á dieta de Worms (1521)