Nick Matthew

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNick Matthew

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Sheffield, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSheffield Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónHigh Storrs School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de squash Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
DeporteSquash Editar o valor em Wikidata
Participou en
2018Jogos da Commonwealth de 2018 (pt) Traducir
2010Jogos da Commonwealth de 2010 (pt) Traducir
15 de marzo de 2006Jogos da Commonwealth de 2006 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webnickmatthew.co.uk Editar o valor em Wikidata


Nick Matthew, nado en Sheffield o 25 de xullo de 1980, é un ex-xogador de squash inglés, que foi campión do mundo tres veces e encabezou a clasificación mundial 19 meses[1] entre 2010 e 2014.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no High Storrs School[2], que se sitúa nos arrabaldes da súa cidade natal. A carreira de Nick Matthew no circuíto profesional principiou en 1998, e nese ano quedou campión do mundo co equipo nacional júnior de Inglaterra e tamén en individual júnior chegou ás semifinais. En 2004 clasificouse por primeira volta entre os dez primeiros xogadores do mundo. A súa vitoria no British Open en 2006, ao se impoñer ao francés Thierry Lincou, converteuno no segundo inglés, tras de Jim Dear en 1939, en vencer o torneo en casa. Nese ano tamén se impuxo por primeira volta no Campionato Británico logo de vencer a Lee Beachill por 11–9, 6–11, 11–9, 10–12 e 12–10. En 2007 gañou o US Open ao derrotar a James Willstrop na final por 11–7, 11–4 e 11–7.

Matthew en 2008 durante o torneo Saudi International

Nos Xogos Mundiais de 2009 en Taiwán, Mattheu gañou a medalla de ouro ao bater ao seu gran rival James Willstrop[3], xa que foi contra James Willstrop que Matthew xogou a maior parte dos partidos do Campionato do Mundo da súa carreira con 35 encontros. Co equipo nacional inglés logrou dous títulos en 2005 e 2007 e catar o ano 2008 todos os títulos dos Campionatos de Europa por equipos comprendidos entre 2004 e 2014, o que suma un total de dez títulos europeos.

En novembro de 2009 gañou o Qatar Classic Open e en decembro do ano 2009 enfrontouse a Ramy Ashour na final do PSA Masters na India que resultou nunha vitoria do exipcio por 3-1 e de novo no Saudi International, nunha final na que se decidía o número un mundial que resultou tamén nunha vitoria de Ashour nun partido que durou 110 minutos [4] e que elevou a Matthew ao número dous mundial.

O febreiro de 2010 gañou o North American Open fronte a Ashour e en maio unha vitoria no Sky Open ao bater a Karim Darwish por 3-1 catapúltao ao cumio da clasificación mundial pola primeira volta. En agosto noutro duelo con Ramy Ashour no Australian Open remata cunha vitoria do inglés por 3-0 e supón o terceiro torneo da tempada nas Super Series. Nos Xogos da Commonwealth de 2010 que se celebraron en outubro en Delhi, Nick Matthew logrou a medalla de ouro individual e máis tamén en dobres con Adrian Grant. En decembro rematou o ano coa vitoria no Campionato do Mundo contra do seu compatriota James Willstrop por 3 xogos a 1 en 74 minutos en Arabia Saudita[5]e tornou o primeiro inglés en gañalo nos 35 anos de historia da competición[6].

Na tempada 2011 só gañou un dos torneos das Series Mundiais, foi en febreiro no North American Open ao bater a Ashour por 11-9, 11-5, 8-11, 8-11 e 11-6. Así e todo, retivo o título do Campionato do Mundo ao vencer o francés Grégory Gaultier na final por 3 xogos a 1 nun partido de 92 minutos en Rotterdam o 6 de novembro[7]. Mantivo o liderado da clasificación mundial todo o ano, pero logo de loitar contra unha lesión perdeu o liderado en xaneiro de 2012 en favor de James Willstrop mais a finais de mes gañoulle o Torneo dos Campións en Nova York e volveu recuperar o liderado en febreiro, non obstante só logrou mantelo un mes. En maio gañou o seu terceiro British Open, o primeiro inglés en gañar o título tres veces na era profesional[8].

O 3 de novembro de 2013 gañou o seu terceiro Campionato do Mundo ao bater o francés Grégory Gaultier por 3 xogos a 2 en 111 minutos en Manchester e en decembro gañou o Open de Hong Kong logo de derrotar o galego Borja Galán e puido recuperar en xaneiro de 2014 o liderado da clasificación mundial que logrou manter dous meses máis. En febreiro gañou o Open de Suecia e máis tamén bateu unha nova marca ao se facer co seu sexto campionato británico tras vencer a James Willstrop na final[9]. En marzo fíxose co Canary Wharf Classic de Londres[10]. A súa preparación para os Xogos da Commonwealth de 2014 viuse prexudicada por unha lesión no xeonllo[11] mais non só puido competir en individual e en dobres con Adrian Grant senón que logrou a medalla de ouro en individual fronte ao seu compatriota James Willstrop por 11–9 8–11 11–5 6–11 e 11–5[12] e a prata en dobres tras derrotar 10–11 11–7 e 11–9 os australianos Cameron Pilley e David Palmer[13].

Matthew durante o Campionato do Mundo por equipos de 2017 que se celebrou en Marsella

En febreiro de 2015 gañou o Open de Suecia ao vencer o francés Gaultier por 11–9, 11–8 e 11–7 e en marzo gañou o trofeo do Windy City Open tras impoñerse ao exipcio Mohamed El Shorbagy por 11–7, 11–2 e 11–7 e máis o seu quinto Canary Wharf Classic ao derrotar o alemán Simon Rösner[14]. En xaneiro de 2016 chegou á final do Torneo de Campións en Nova York, pero a vitoria foi para o entón número un mundial Mohamad El Shorbagy por 8-11, 11-6, 11-8, 6-11 e 11-6 [15]. No mes de febreiro logrou o seu oitavo campionato británico ao bater a James Willstrop por 11-2, 6-11, 11-3, 11-3, nun campionato no que só perdeu un xogo[16]. En marzo volveuse enfrontar a El Shorbagy na final de Windy City Open, pero no terceiro xogo unha lesión obrigouno a retirarse[17]e en outubro unha vez máis chegaron á final do US Open El Shorbagy e Matthew, mais de novo unha lesión forzou a retirada de Matthew no quinto xogo[18]. En marzo de 2017 logrou o seu sexto Canary Wharf Classic tras bater ao exipcio Fares Dessouky por 11-9, 11-7, 10-12 e 11-8 [19]. En setembro de 2017 anunciou a súa retirada ao rematar a tempada 2017-2018[20]. En maio de 2018 no British Open perdeu na segunda rolda contra do alemán Raphael Kandra e o seu derradeiro partido foi nas semifinais das World Series Finals ao perder contra do entón número un Ali Farag[21].

Adestrador[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2016, antes da súa retirada, estableceu a Nick Matthew Academy[22] na localidade inglesa de Sheffield [23] e tamén en colaboración con Berkshire School con instalacións na localidade norteamericana de Sheffield[24] para adestrar a alto nivel rapazada e xente nova.

Dende 2018 traballou co equipo inglés de squash como consultor de adestramento de alto rendemento e en xuño de 2021 aceptou o nomeamento como adestrador auxiliar da selección inglesa de squash para preparar os Xogos da Commonwealth de 2022 [25]que se celebraron en Birmingham e nos que o equipo inglés de squash logrou seis das quince medallas posibles.

En abril de 2022 debutou como xogador de racketlon na categoría dobres acompañado de Dan Busby, clasificado como o cuarto do mundo[26], no Nick Matthew Steel City Open Challenger, un dos torneos da máxima categoría dese deporte[27] e finalmente a parella quedou en cuarta posición[28].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Morrissey, Michael (15 de xuño de 2020). "A Graphical History of the PSA Number 1 (1975 – 2020)". SQUASH STATS. 
  2. "We have the 6th best Squash team in the country!". Highstorrs. 24 de abril de 2019. 
  3. "Nick Matthew : I was world No 1 but I hated being on court". The Times. 31 de marzo de 2018. 
  4. Steve Cubbins, Framboise Gommendy (18 de decembro de 2009). "Dream final it really was". Squashsite. 
  5. "Today: 2010 World Open". Squashsite. 10 de decembro de 2010. .
  6. Gilmour, Rod (12 de decembro de 2010). "World Squash Open 2010: Nick Matthew hails title as 'beyond wildest dreams'". The Daily Telegraph. 
  7. "Nick Matthew beats Gregory Gaultier to win second World Open title". BBC Sport. 6 de novembro de 2011. 
  8. "Nick Matthew". BBC Sport. 20 de maio de 2012. 
  9. "Nick Matthew beats James Willstrop to win national title". BBC Sport. 16 de febreiro de 2014. 
  10. "Nick Matthew Wins 4th Canary Wharf Squash Classic Title". The official website of Nick Matthew OBE. 28 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2017-07-23. 
  11. "Squash star Nick Matthew in fitness race for Glasgow 2014 after knee surgery". Sunday Express. 26 de xuño de 2014. 
  12. "Glasgow 2014: Nick Matthew beats James Willstrop to win gold". BBC Sport. 28 de xullo de 2014. 
  13. "Commonwealth Games 2014: Nick Matthew denied record-equalling fourth gold in men's squash doubles". The Telegraph. 3 de agosto de 2014. 
  14. "Nick Matthew masters Simon Rosner to claim fifth Canary Wharf title". Squash Mad. 28 de marzo 2015. 
  15. "Nick Matthew Denied 2nd Tournament of Champions". nickmatthew.co.uk. 14 de xaneiro de 2016. Archived from the original on 25 de abril de 2016. Consultado o 11 de decembro de 2022. 
  16. "National Championships: Laura Massaro & Nick Matthew win". BBC Sport. 14 de febreiro de 2016. 
  17. "Windycity Update: Elshorbagy Takes Men'S Crown". PSA World Tour. 3 de marzo de 2016. 
  18. "US Open: ElShorbagy Is US Open Champion". PSA World Tour. 16 de outubro de 2016. 
  19. "Nick Matthew Claims Record Sixth Canary Wharf Classic Crown". Professional Squash Association. 11 de marzo de 2017. 
  20. "Nick Matthew: Three-time world squash champion to retire". BBC Sport. 18 de setembro de 2017. 
  21. "World Series Finals: Nick Matthew's career ends in semi-final defeat to Ali Farag". BBC Sport. 8 de xuño de 2018. 
  22. "Nick Matthew Academy can take juniors to the top". Squash Mad. 16 de febreiro de 2016. 
  23. "The Nick Matthew UK Academy Masterclass 2017". Squash Site. 
  24. "Nick Matthew, Squash Ambassador". Berkshire School. 
  25. "Nick Matthew appointed Team England Assistant Coach ahead of Birmingham 2022". Squash Site. 21 de xuño de 2021. 
  26. "Dan Busby: Racketlon Profiles – A Guide For New Players". racketlon. 13 de maio de 2019. 
  27. "Nick Matthew Debut & Severinová Chases No.1 Spot Nick Matthew Steel City Open". racketlon.net. 14 de abril de 2022. 
  28. "Nick Matthew Finishes 4th & Titles for Griffiths Brothers, Jacobsen, Severinová & More Nick Matthew Steel City Open". racketlon.net. 16 de abril de 2022.