Nicholas Berg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicholas Evan Berg, nado en 1978 e finado en 2004, foi un home de negocios norteamericano na procura de negocios de telecomunicación en Iraq durante a ocupación norteamericana.
Traxectoria [editar]
Foi secuestrado en maio de 2004, presuntamente por militantes islamistas. Decapitado polos seus captores, a súa foi a primeira dunha serie de asesintaos de estranxeiros en Iraq e recibiu atención internacional por ser filmado e pola súa emisión a través de internet. Os seus asasinos afirmaron que súa morte era consecuencia dos abusos sobre os prisioneiros no presidio de Abu Ghraib por parte de militares norteamericanos. A acción condenárona a maioría dos líderes islámicos como contrario á lei islámica. O pai de Berg culpou a George W. Bush da morte do seu fillo.