Presidio de Abu Ghraib

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AbuGhraibAbuse-standing-on-box.jpg

O presidio de Abu Ghraib é unha prisión localizada en Abu Ghraib, unha cidade iraquí a 32 km ao leste de Bagdad. No presidio, Saddam Hussein torturou e executou a disidentes e, máis tarde, o exército norteamericano converteuno nun lugar de tortura e interrogatorio de sospeitosos de actuar contra das forzas americanas.
O presidio coñeceuse internacionalmente cando a canle americana de televisión CBS publicou en abril de 2004 numerosas fotografías de torturas, abusos e humillacións contra prisioneiros iraquís por un grupo de soldados estadounidenses. Posteriormente apareceron máis probas.
Actualmente nela están encarcerados 7.000 prisioneiros custodiados por un batallón norteamericano.