New World Translation of the Holy Scriptures

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
New World Translation of the Holy scriptures

A New World Translation of the Holy Scriptures é unha tradución da Biblia feita directamente do hebreo, arameo e grego para o inglés, usada e distribuída polas Testemuñas de Xehová. A comisión anónima encargada da tradución expresou o seguinte con respecto á obra:

"Os tradutores que temen e aman o Autor divino das Escrituras Sagradas senten de modo especial a responsabilidade para con El, no sentido de transmitir os seus pensamentos e as súas declaracións do xeito máis exacto posible. Senten tamén a responsabilidade para cos investigadores lectores da tradución moderna, que dependen da Palabra inspirada do Deus Altísimo para a súa salvación eterna."

Esta tradución foi orixinalmente publicada en partes, dende 1950 ata 1960. Edicións noutras linguas baseáronse na tradución en inglés.