Nemiptéridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nemipterus bathybius

Os Nemiptéridos (Nemipteridae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por augas tropicais e subtropicais do Índico e oeste do Pacífico. O nome procede do grego nemas (filamento) e pteron (ala), polo característico filamento na súa aleta caudal.

Características[editar | editar a fonte]

Corpo oblongo ou alargado. Liña lateral longa e paralela ó perfil dorsal. Un suco na base das aletas dorsal e anal.

Teñen unhaa aleta dorsal continua, con 10 espiñas e 9-10 radios brandos; na anal 3 espinas e 7 a 8 radios brandos; pelvianas ó nivel das pectorais; na parte superior da aleta cuadal dalgunhas especies hai longo filamento.

Son peixes carnívoros que se alimentan de pequenos peixes bentónicos, cefalópodos, crustáceos e poliquetos, aínda que algunhas especies se alimentan de plancto. Algunhas especies son hermafroditas protoginos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Comprende 62 especies agrupadas en cinco xéneros:

  • Xénero Nemipterus (Swainson, 1839)
  • Xénero Parascolopsis (Boulenger, 1901)
  • Xénero Pentapodus (Quoy y Gaimard, 1824)
  • Xénero Scaevius (Whitley, 1947 )
  • Xénero Scolopsis (Cuvier, 1814)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nemiptéridos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nemiptéridos