Muxía, Muxía
| Muxía | |
|---|---|
| Igrexa parroquial | |
| Concello | Muxía |
| Área | - km² |
| Poboación | 1.635 hab. (2009) |
| Entidades de poboación | 1 |
Santa María de Muxía é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Muxía. Segundo o INE en 2009 tiña 1635 habitantes (821 mulleres e 814 homes) distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando contaba con 1654 habitantes, e 1999 cando contaba con 1.742 habitantes.
Índice |
Patrimonio [editar]
A igrexa parroquial atópase sobre unhas rochas na aba norte do monte Corpiño. O templo foi doado en 1203 con todas as súas pertenzas ao mosteiro cisterciense de Carracedo (O Bierzo) polo Papa Inocencio III.
O templo pertence a un estilo románico de transición, formada por unha soa nave, con cuberta de madeira e dividida en tres treitos por dous arcos apuntados que se apoian en columnas adosadas ós muros laterais. A ábsida é rectangular, accedéndose a ela por un arco triunfal apuntado, apoiado, a igual que os outros tres que treman da bóveda, sobre semicolumnas rematadas en capiteis adornados con diferentes motivos.
A porta principal da igrexa, que dá ao antigo camiño que conducía ao Santuario da Virxe da Barca, é tamén de arco apuntado, cunha arquivolta adornada cun bocel e apoiada sobre dúas columnas con dous capiteis de mármore por base, que algúns autores consideran de orixe romana. O tímpano é liso, apoiándose sobre ménsulas esculpidas, unha delas similar á figura dun frade. Posiblemente a escultura de pedra que agora está dentro da igrexa, entrando á dereita, ocupase noutro tempo este tímpano.
Tanto na parte sur coma no testeiro da igrexa hai contrafortes que axudan a reforzar os muros. Na parte sur, entre dous contrafortes, ábrese unha porta de forma rectangular. Baixando unhas escaleiras e adosado a este mesmo muro está o sartego do párroco José Fondevila Martínez, falecido en 1874, benfeitor do Santuario da Barca.
Nesta mesma banda da igrexa, no lugar onde se construíron uns nichos, atopábase a capela da Encarnación, derrubada non hai moito. Esta capela de forma cadrada, cunha porta de arco semicircular, era unha obra do século XVI e foi fundada por Alonso García, veciño de Muxía.
Adosada ao muro norte atópase a capela do Rosario, de estilo gótico, á que se accede dende o interior da igrexa a través dunha porta oxival. Construída a finais do século XIV, de forma rectangular, cuberta con bóveda de crucería na que os seus arcos diagonais apóianse en cada esquina sobre ménsulas rematadas en capiteis.
Galería de imaxes [editar]
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Muxía [editar]
| Lugares da parroquia de Muxía no concello de Muxía (A Coruña) | |
|---|---|