Morquintián, Muxía
| Morquintián | |
|---|---|
| Igrexa de Santa María de Morquintián. | |
| Concello | Muxía |
| Área | - km² |
| Poboación | 203 hab. (2009) |
| Entidades de poboación | 10 |
Santa María de Morquintián é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Muxía. Segundo o IGE en 2009 tiña 203 habitantes (109 mulleres e 94 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 271 habitantes.
Índice |
Historia [editar]
A parroquia alcanzou fama en 1809, durante a Guerra da Independencia española, xa que o seu párroco Pedro Lapido encabezou a Xunta de Defensa desta zona contra os franceses.
Patrimonio [editar]
A igrexa de Santa María de Morquintián é un templo románico dunha soa nave e ábsida rectangular, presenta na parte externa da nave principal unha colección de canzorros. Non sufriu reformas na nave central pero si a cabeceira, modificada no século XVIII.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Morquintián, Muxía.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Morquintián [editar]
| Lugares da parroquia de Morquintián no concello de Muxía (A Coruña) | |
|---|---|
|
Aboi | Cuño | Figueiroa | Guisamonde | Martineto | Morquintián | Prado | Vilachán | Vilela de Morquintián | Viseo |
Parroquias de Muxía [editar]
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muxía | |
|---|---|
|
Bardullas (San Xoán) | Caberta (San Fins) | Coucieiro (San Pedro) | Frixe (Santa Locacia) | Leis de Nemancos (San Pedro) | Moraime (San Xulián) | Morquintián (Santa María) | Muxía (Santa María) | Nemiña (San Cristovo) | Nosa Señora da O (Santa María) | San Martiño de Ozón (San Martiño) | Santiso de Vuiturón (San Tirso) | Touriñán (San Martiño) | Vilastose (San Cibrán) |