Multímetro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Multímetro dixital.
Multímetro de pinza.

Un multímetro ou polímetro é un aparato de medida universal, é dicir, capaz de medir unha gama variada de magnitudes físicas como tensión, intensidade (tanto en corrente continua coma en alterna) e resistencias, polo que se pode entender como un aparato de medida capaz de converterse en voltímetro, amperímetro ou ohmetro.

Tipos[editar | editar a fonte]

  • Analóxicos: Aqueles que empregan movementos para indicar a cantidade a medir sobre unha escala continua.
  • Dixitais: Aqueles que amosan o resultado da medición en intervalos discretos ou numéricos, xeralmente nunha pantalla formada por displays, evitando os erros de lectura, paralelaxe e interpolación á vez que incrementan a velocidade de lectura.

Características[editar | editar a fonte]

  • Campos de medición: Magnitudes físicas capaces de ser lidas polo multímetro.
  • Alcances: Diferentes rangos de lectura dentro de cada magnitude a medir.
  • Precisión: Erro máximo de lectura dado na escala polo aparato.
  • Sensibilidade (só analóxicos): Mínima variación perceptible polo aparato na medida realizada.
  • Resistencia de Entrada: Resistencia á cal equivale o aparato entre os puntos do circuíto en que se conecta.