Amperímetro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un amperímetro é un instrumento que serve para medir a intensidade de corrente que está circulando por un circuito eléctrico.

Os amperímetros, en esencia, están constituidos por un galvanómetro cunha escala graduada en amperios.

O instrumento descrito corresponde ao deseño orixinal, xa que na actualidade os amperímetros empregan un conversor analóxico/dixital para a medida da caída de tensión sobre un resistor por o que circula a corrente a medir. A lectura do conversor é lida por un microprocesador que realiza os cálculos para presentar nun display numérico o valor da corrente circulante.

Emprego[editar | editar a fonte]

Para efectuar a medida da intensidade da corrente circulante o amperímetro débese de colocar en serie, para que sexa atravesado por dita corrente. Isto lévanos a que o amperímetro debe posuír unha resistencia interna o máis pequena posible, a fin de que non produza unha caída de tensión apreciable. Para iso,no caso de instrumentos baseados nos efectos electromagnéticos da corrente eléctrica, estarán dotados de bobinas de fío groso e con poucas espiras.

Nalgúns casos, para permitir a medida de intensidades superiores ás que poderían soportar os devanados e órganos mecánicos do aparato sen destruirse, dótaselles dunha resistor de moi pequeno valor colocado en paralelo co devanado, de forma que só pase por este unha fracción da corrente principal. A este resistor adicional denomínaselle shunt. Para que un galvanómetro funcione como amperímetro hai que ter en conta que por o fino fío da bobina dun galvanómetro só pode circular unha intensidade de corrente pequena. Se hai que medir intensidades maiores, acoplaselle unha derivación de baixa resistencia, denominada shunt, aos terminais do medidor. A maior parte da corrente pasa pola resistencia da derivación, pero a pequena cantidade que flúe polo medidor segue sendo proporcional á intensidade total. Ao empregar esta proporcionalidade, o galvanómetro pódese empregar para medir intensidades de varios centos de amperios.

Un microamperímetro está calibrado en millonésimas de amperio e un miliamperímetro en milésimas de amperio.

Figura 1.- Conexión dun amperímetro nun circuito

Na Figura 1 pódese observar a conexión dun amperímetro (A) nun circuito, porlo que circula unha corrente de intensidade (I).
Así mesmo, amósase a conexión do resistor shunt (RS).

O valor de RS calcúlase en función do poder multiplicador (n) que queremos obter e da resistencia interna do amperímetro (RA) segúndo a fórmula siguiente:

 R_S = \frac{R_A }{n-1}

Así se queremos que un amperímetro con resistencia interna de 5 ohmios, que, sen shunt, pode medir un máximo de 1 A poida medir ata 10 A, o shunt debe ter un poder multiplicador de 10, polo tanto RS deberá de ser:

 R_S = \frac{5}{9} = 0.555 \Omega